Sábado, 08 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 01 de Mayo de 2018 Tiempo de lectura:
A GUARDA

Últimos días para visitar a exposición «No colo da esperanza» na Guarda

A mostra «No colo da esperanza» componse de 12 fotografías realizadas polo fotoxornalista Felipe Carnoto na denominada «ruta dos Balcáns».

[Img #40635]

 

O Concello da Guarda acolle a exposición fotográfica «No colo da esperanza», do fotoxornalista Felipe Carnotto. A mostra composte dunha ducia de fotografías en branco e negro tomadas no ano 2015 na coñecida como «ruta dos Balcáns», a través da que milleiros de persoas foxen da guerra en Siria á procura de refuxio en Europa.

 

As imaxes, cedidas temporalmente ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, pretenden pór o foco nas inxustizas responsables da crise migratoria e humanitaria na que milleiros de refuxiados e refuxiadas vense obrigados a abandonar os seus fogares. A exposición poderá contemplarse na casa consistorial ata o vindeiro 4 de maio, en horario de 8:00 a 15:00 h.

 

 

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 90 concellos e as deputacións provinciais de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. O seu traballo oriéntase á realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en 25 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.