GALICIA
As festas populares deberán contar cun seguro por unha contía mínima de 600.000 euros
A Lei 10/2017, de 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia entrará en vigor o vindeiro mes de xullo, en plena campaña de verbenas e festas estivais.
A nova Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia fixa entre os seus principais obxectivos “garantir a seguridade da persoas e salvagardar os dereitos dos consumidores, ao tempo que protexe tamén o dereito ás actividades de lecer”, así por exemplo, contempla a obrigatoriedade “para realización de espectáculos públicos ou actividades recreativas en espazos abertos ao público, n on delimitados e de aforamento indeterminado, dunha póliza de seguro de responsabilidade civil por unha contía mínima de 600.000 euros de capital asegurado nos casos en que se esixa licenza ou autorización, e de 300.000 euros nos casos en que se esixa declaración responsable”.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, explicou recentemente o contido desta nova Lei na inauguración na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) dunha xornada para abordar os aspectos xerais desta normativa, así como o seu réxime sancionador e outras cuestións de aplicación práctica.
O texto -que se publicou no DOG o pasado mes de xaneiro e entrará en vigor en xullo- elaborouse tendo en conta as achegas e suxestións de concellos e outros actores implicados, co obxectivo de acadar o máximo consenso.
A Lei, a primeira norma autonómica con rango legal en materia de espectáculos, recolle unha regulación actualizada e global que fai fincapé en garantir a seguridade das persoas e, moi especialmente, dos menores a través de medidas como a prevención do consumo de bebidas alcohólicas.
Entre outras propostas en materia de seguridade, tamén regula o servizo de control de acceso, que deberá contar con persoal habilitado; sanciona de xeito contundente a superación do aforo dun local cando comporta risco grave para as persoas; e fixa a necesidade de que os concellos conten cun Plan de inspección de espectáculos públicos.
Ademais, tamén regula outros aspectos relevantes do sector como a prohibición da revenda de entradas; ou a regulación do dereito de admisión para evitar calquera tipo de discriminación.
As festas populares baixo a lupa
As festas e verbenas populares organizadas por agrupacións ou asociacións de veciños/ as ou por comisións de festas tamén está suxeitas á Lei e “requirirán a presentación dunha declaración responsable dirixida ao concello e formulada polos veciños ou veciñas representantes da agrupación, asociación ou comisión na que se relate o programa das actividades para realizarse e as súas características”. A declaración haberá de acompañarse “do compromiso de contratación do seguro previsto na normativa en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia ou documentación acreditativa da dispoñibilidade do mesmo”.
A lei tamén recolle e fixa sancións polo incumprimento da normativa sobre ruído e regula a publicidade destos espectáculos ademáis de esixir la identificación dos responsables do evento para poder depurar responsabilidades en caso de ser necesario.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208