PROVINCIA
18 empresas construtoras compiten por facer as obras da nova avenida de Tomiño
O deputado de Mobilidade Uxío Benítez explica que o persoal técnico provincial está a valorar as propostas técnica e economicamente.
![[Img #40643]](upload/img/periodico/img_40643.jpg)
A Deputación de Pontevedra acaba de recibir 18 ofertas de empresas construtoras que compiten por facer as obras da nova avenida variante de Tomiño. O deputado de Mobilidade Uxío Benítez explicou que o persoal técnico provincial está a valorar as propostas técnica e economicamente e que en breve se coñecerá a adxudicataria.
Entre as cuestións que se están a analizar está o programa e equipo de traballo para a obra (15 puntos), o plan de control de calidade (10 puntos), a memoria de traballo (15 puntos), e o plan de actuación ambiental (9 puntos). As empresas que acaden un mínimo de 25 puntos na parte anterior pasarán á valoración económica, onde o menor prezo ofertado obterá un máximo de 51 puntos.
A nova variante de Tomiño está denominada oficialmente como ‘Mellora da conexión entre a estrada provincial EP-3102 (Tomiño-Sabarís) e a estrada autonómica PO-344 ao seu paso polo núcleo urbano de Seixo (Tomiño)', e suporá a construción dunha nova estrada con tipoloxía de avenida que exercerá de rolda e permitirá a mellora da mobilidade peonil no núcleo urbano derivando o tráfico rodado que actualmente pasa polo núcleo da vila. Tamén servirá de conexión entre a vila e vía de alta capacidade (VAC) Tui-A Guarda que contempla un acceso ao núcleo de Tomiño.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149