SALUD
Os fisioterapeutas reivindican o seu status como profesionais sanitarios
![[Img #40650]](upload/img/periodico/img_40650.jpg)
Con motivo do Día Mundial da Saúde, que se celebrou en abril, o Consello Xeral de Colexios de Fisioterapeutas de España (CGCFE), reivindica o papel fundamental dos fisioterapeutas como profesionais sanitarios cualificados e especialistas no tratamento do movemento en todos os seus aspectos.
Neste ano 2018 a Organización Mundial da Saúde pide aos líderes mundiais que se comprometan a adoptar medidas concretas para promover a saúde de todas as persoas. A cobertura sanitaria universal (CSU) significa que todas as persoas, en calquera lugar, poidan ter acceso a servizos de saúde esenciais e de calidade sen pasar apuros económicos e, por tanto, a Fisioterapia como profesión sanitaria debe ter unha presenza apropiada na Sanidade e un acceso suficiente para a poboación que o necesita.
A utilización do movemento e o exercicio terapéutico con fins preventivos, de tratamento e de mantemento e mellora da calidade de vida, para diversas patoloxías e colectivos con necesidades concretas, é un dos aspectos máis descoñecidos dentro das competencias dos profesionais da fisioterapia, que, con todo, achegan numerosos beneficios no ámbito da saúde pública.
Os fisioterapeutas non son unicamente clínicos, senón que ten unha capacidade diagnóstica cun peso específico no sector sanitario. A sociedade está a ampliar a súa demanda e comeza a recoñecer o seu papel no impacto do movemento, a prevención e o tratamento, pero aínda hai moito por facer, tanto no ámbito académico, como no profesional e mesmo o xurídico, para afrontar o gran problema do intrusismo e evitar a colisión con outras actividades profesionais, no campo sanitario e fóra do mesmo.
O exercicio terapéutico e o tratamento do movemento dirixido especificamente por fisioterapeutas profesionais aínda non é aplicado de forma ampla e sistemática, a pesar de ofrecer importantes beneficios para a calidade de vida das persoas con doenzas ou patoloxías concretas.
Como expertos en movemento e exercicio terapéutico, os fisioterapeutas coñecen como manter o corpo en movemento, mesmo en situacións de enfermidade ou discapacidade. A aplicación de actividade física, específica para cada paciente e situación, contribúe a previr e tratar a dor, así como a mellorar as condicións de pacientes con enfermidades cardíacas e respiratorias, accidentes cerebrovasculares, diabetes, cancro, parkinson, lesións medulares, traumatismos, disfuncións cognitivas e outras moitas patoloxías.
Doutra banda, os programas de actividade terapéutica dirixida por profesionais melloran as condicións do envellecemento e promoven a autonomía persoal, fundamental nunha situación como a actual, de paulatino envellecemento da poboación e de ampliación da esperanza de vida.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11