Domingo, 09 de Noviembre de 2025

Xornal21
Lunes, 23 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Concello e AEMOS asinaron hoxe o convenio para a creación dun viveiro de empresas

Estará ubicado no polígono da Veigadaña e a consellería de Economía, Emprego e Industria subvencionará o proxecto con 240.000 euros.

[Img #40669]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o presidente de AEMOS, Manuel Castro, asinaron esta mañá no salón de actos da Axencia de Colocación de Mos o convenio de Colaboración entre o Concello e a Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS) para a Execución dun Viveiro de Empresas no Parque Empresarial de Mos (PEMOS-Veigadaña). Unha vez acometida e rematada a obra de construción do viveiro, este será xestionado directamente pola Asociación de Empresarios.


Con esta sinatura defínense as liñas de colaboración entre as partes asinantes encamiñadas a mellorar a xestión empresarial a través da creación dun viveiro de empresas para emprendedores a situar nunha parcela de centro terciario do Parque Empresarial de A Veigadaña, que permita descubrir e fomentar iniciativas empresariais e contemplar un tecido empresarial máis acorde coas novas estruturas tecnolóxicas e organizativas.


Para elo AEMOS  realiza a cesión parcial do dereito de superficie da parcela necesaria a favor do Concello de Mos que dará lugar á subrogación pola administración local que se compromete a executar unha edificación industrial con destino a viveiro de empresas no espazo obxecto do convenio.


O Concello de Mos determina asignar a axuda solicitada á Consellería de Economía, Emprego e Industria para a realización do mesmo, consistente en 240.000 euros, que representa o 80% da inversión total de 300.000 euros.
A Asociación de Empresarios de Mos aportará, de fondos propios, un importe do 20% da inversión total, é dicir, 60.000 euros.


O proxecto será executado polo Concello de Mos, sendo este quen desenrolará a acción, conservará a titularidade do viveiro e recibirá a financiación procedente da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Pola súa banda AEMOS encargarase da xestión e do funcionamento do viveiro.


A convocatoria e adxudicación da obra de construción do viveiro de empresas será realizada polo Concello de Mos. Coa sinatura do convenio constitúese tamén unha Comisión Paritaria de Seguemento que certificará o correcto cumprimento do mesmo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.