DEPORTES
O Xuvenil ‘A’ da AD Tomiño gaña a liga e ascende a liga galega
Tamén os Infantís e os Cadetes poderían ascender nunha temporada para enmarcar.
![[Img #40698]](upload/img/periodico/img_40698.png)
O sábado, en torno ás 21:30, a AD Tomiño ao completo estalou de alegría: os Xuvenís ‘A’ culminaban a temporada gañando a liga no campo do seu máis próximo perseguidor e certificaban, a falta dunha xornada para rematar a competición, o seu ascenso directo a liga galega.
Un ascenso que algunhas voces do club non dubidan en cualificar de histórico. Fai soamente dúas temporadas, os Xuvenís da AD Tomiño ascendían á Primeira Autonómica; a pasada campaña, o equipo mantíñase na categoría e, no sprint final incluso insinuaba que estaba para máis cousas, e este ano, cedendo soamente dúas derrotas ata o momento, proclámanse campións logrando o ascenso de forma directa.
Chegaban os rapaces adestrados por Merino e Bojan como líderes ao encontro decisivo pero, vista dende fora, a empresa no parecía sinxela: visitaban a un Gondomar FB que, tras nove vitorias consecutivas, convertérase nun rival temible que aspiraba ao título sen ningún tipo de reservas e que xa gañara no partido de ida na Carballa. Pero, dende dentro, o equipo tomiñés tíñao claro: eran os líderes e non ían deixar que lles arrebatasen a posición de honra. E así, o sábado nas Cercas, logo dunhas xornadas con algunhas dúbidas, os de vermello sacaron o seu arsenal de fútbol e fixéronse coas rendas do encontro dende os primeiros momentos para non soltalas ata certificar unha vitoria que os coroa como os mellores da súa liga.
Dende a AD Tomiño quere recalcarse que este gran logro para o fútbol base tomiñés é un éxito colectivo cuns protagonistas principais: os xogadores, que durante toda a tempada mostraron o compromiso imprescindible para as grandes vitorias e o corpo técnico que coa súa ambición e traballo diario lograron que o imaxinado fose real e que este equipo tivera cara de campión dende o primeiro día.
Pero o mérito tamén se reparte cos xogadores e adestradores que nos anos anteriores fixeron que os Xuvenís chegasen a esta tempada en disposición de ascender a Liga Galega; con todos os membros do corpo técnico que, seguindo unha mesma filosofía, foron formando aos rapaces que hoxe protagonizan o éxito; e cos membros do equipo directivo que facilitaron que o esforzo de todos se plasme onde é máis importante: no terreo de xogo.
Hoxe na AD Tomiño celébrase este gran ascenso e tamén, a gran temporada que de todos os equipos do club: os Cadetes están en disposición de disputar a fase de ascenso só unha temporada despois de chegar a primeira autonómica; os Infantis poden proclamarse campións e ascender a próxima xornada; e, en todo o fútbol 8 os resultados son bos pero máis o é a aprendizaxe de todos os xogadores e xogadoras que forman parte dun club que ségue crecendo ano a ano.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58