Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 25 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Montes de Atios abre a poxa para adxudicar a cafetería do Centro Social e Cultural

[Img #40699]

 

A comunidade de montes de Atios abre o prazo de presentación de ofertas para a xestión da cafetería do Centro Social e Cultural de Atios, que está situado no torreiro da Guía, no centro da parroquia.

 

As bases foron aprobadas pola asemblea xeral da comunidade celebrada o pasado 7 de abril. Establécese un prezo de partida da poxa de 150 euros mensuais, en concepto de alugueiro. Os arrendatarios deben asumir tamén a limpeza da cafetería e dos espazos comúns do resto do centro social. Valorarase a experiencia no sector e a calidade que se ofreza no servizo. As bases poden recollerse no centro social, chamando previamente ao teléfono 606 96 81 35.


A cafetería ten case douscentos metros cadrados de superficie, incluida unha terraza exterior cuberta. Dispón de todo o mobiliario na barra e na cociña necesario para o negocio de hostalería. As instalacións amplas e acondicionadas conforme a normativa vixente. A carón do centro social hai un parque infantil e un xardín fronte ao edificio que pode ser utilizado como terraza.


Os interesados teñen de prazo para a presentación de ofertas ata o día 14 de maio, ás 21:30. Debe facerse en sobre pechado, no que se incluirán os datos persoais da/s ou do/s ofertante/s e o prezo da oferta. Nesa data, ante a presenza dos interesados e de membros da xunta reitora da comunidade de montes, abriranse os sobres e darase a coñecer o resultado da poxa.

 

Eleccións a xunta reitora

Por outra banda, informamos tamén que na asembela xeral extraordinaria do pasado 7 de abril convocáronse eleccións para escoller unha nova xunta reitora da CMVMC de Atios. Cumpríronse xa catro anos de mandato da actual directiva e, tal como mandan os estatutos, debe procederse á elección dunha nova xunta reitora.

 

O prazo para a presentación de candidaturas remata o venres 27 de abril, ás 22:00 horas. A data das eleccións fixouse para o domingo 13 de maio. Terán lugar no Centro Social e Cultural de Atios, ubicado no torreiro da Guía.

 

Agardamos que os preto de trescentos comuneiros que agora conforman o censo da comunidade participen activamente na elección dunha nova directiva que guiará o futuro da xunta de montes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.