Domingo, 09 de Noviembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 25 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Parte hacia Arxentina a comitiva municipal que participará no Centenario da Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires

Alcaldesa, concelleiros, músicos, grupos de baile tradicional e veciñanza conmemorarán e participarán nos actos oficiais de celebración do primeiro século de vida da agrupación bonaerense fundada en 1918 por mosenses emigrados.

[Img #40728]

 

Esta mañá partiu a comitiva municipal mosense rumbo a Bos Aires para participar nos actos conmemorativos do Centrenario da Asociación de Residentes de Mos na capital Arxentina. A representación municipal en Bos Aires está integrada pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, polo concelleiro e segundo tenente de alcalde mosense, Camilo Augusto, pola edil de Cultura, Sara Cebreiro e polo tamén concelleiro Baldomero Lorenzo; xunto cun nutrido grupo de veciños e veciñas que decidiron acompañalos nesta emotiva e entrañable viaxe.


Os artistas que viaxan a Bos Aires son o gaiteiro de Louredo, Xulio Lorenzo, e a súa banda; o grupo de folk A Vacaloura Vermella e o Grupo de Baile Nosa Terra de Pereiras, encabezado polo seu mestre e bailarín, Francisco Javier Alonso Pérez, Chisco.


A semana pasada todos estes artistas, xunto coa rexedora local, Nidia Arévalo, e a concelleira Sara Cebreiro, realizaron nos exteriores do Pazo de Mos o ensaio xeral da actuación que xuntos levarán a cabo en Bos Aires durante os actos do Centenario.


O músico e compositor mosense Xulio Lorenzo actuará na celebración do Centenario da Asociación Galega Residentes de Mos en Bos Aires acompañado de Diego Bea (Guitarra) e Marcos Campos (Gaita e Acordeón), farán aulas de percusión e gaita galega, ambos músicos forman parte do espectáculo musical de Xulio Lorenzo na presentación do disco Cantos da ialma. Compartirán escenario xunto co grupo, tamén de Mos, A Vacaloura Vermella, que presentarán o seu primeiro traballo discográfico en terras arxentinas.


Xulio Lorenzo aproveitando a súa primeira visita a Arxentina e co gallo da celebración centenaria non quixo deixar pasar a ocasión para facer unha composición dedicada os fundadores da Asociación en 1918, que eran naturais da parroquia de Tameiga. Así estrearase oficialmente a “Alborada de Tameiga”.


[Img #40726]Os compoñentes da Vacaloura Vermella levan máis dunha década tocando xuntos e amenizando coa súa música distintos eventos por toda Galicia. Formaron parte do cartel na primeira edición do Festival Intercéltico O Son do Pazo, en Mos, e nos últimos anos actuaron, entre outros lugares, no carnaval tradicional do Hío, no ‘Arde Lucus’ ou no programa Luar da TVG. Durante todo este tempo foron creando un repertorio formado por temas de composición propia que recolleron, no ano 2017, no seu primeiro disco ‘As Jotas para o Café’.


O grupo está integrado, actualmente, por Daniel Burgos, David Burgos, Paco García Cobas, Pablo González Porto e Iñaki Prieto. Comezaron a tocar xuntos na Banda de Gaitas Airiños do Castelo, do Círculo Cultural e Deportivo Sta. Eulalia de Mos e foron desenvolvendo un estilo musical propio, festeiro e animado, co que aspiran a “deixar a súa pegada na música galega”.


Francisco Javier Alonso Pérez, Chisco de Pereiras, é membro fundador do grupo folclórico Nosa Terra de Pereiras, fundado no ano 1981. Pasando por todas as categorías como alumno e despois profesor. Foi compoñente do grupo Fiadeiro de Vigo. Como director estivo nos grupos: Santa Cristina de Valeixe de A Cañiza, Lembranzas da Terra de Guillarei (Tui) e actualmente en Os Penediños do Porriño. Actuou en varios países: Portugal, Francia, Bélxica, Italia, Alemaña, Croacia, Mónaco e Estados Unidos (Miami), onde estivo 3 meses actuando con compañeiros que tamén viaxan nesta ocasión con el a Arxentina.


Esta comitiva leva consigo a Arxentina un vídeo conmemorativo con mensaxes de personalidades relevantes do municipio, do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e do Secretario Xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, para que poida ser emitido durante os actos de celebración en Bos Aires.

 

O devandito vídeo, xunto coa actuación da cantante tomiñesa Andrea Pousa e do Bruxo Queiman, que contarán coa colaboración do Grupo de Teatro Mulleres na Igualdade do Concello de Mos e os artistas que viaxan estes días a Bos Aires, dotarán de contido un acto municipal sobre emigración que se celebrará dentro da programación organizada para a vindeira Festa da Rosa 2018 e que se realizará a modo de homenaxe e conmemoración, no municipio de orixe, do Centenario da Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires.


A Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires recibiu en 2010 a Medalla ó Mérito Cultural do Concello de Mos por lograr manter viva na emigración, mediante os seus grupos de baile e gaitas entre outras iniciativas, a cultura galega e mosense en particular a pesar da distancia de máis de 12.000 kilómetros que separa ós seus membros do seu municipio de orixe. Os integrantes da Asociación viaxaron ese ano a Mos durante as Festas da Rosa para recoller en persoa tan emblemático galardón.

 

A Asociación cumpre no presente ano 2018 un século de vida e para elo a administración local mosense organizou a visita á capital arxentina que se realiza dende hoxe 25 de abril ao 3 de maio.


Durante estes días a comitiva mosense entregaralle á Asociación un agasallo en lembranza de cada unha das dez parroquias mosenses, enviado por agrupacións parroquiais, así coma de AEMOS (Asociación de Empresarios de Mos), Asociación Española contra o Cancro AECC Xunta Local de Mos, Círculo Cultural Abrente e ASOMAMOS (Asociación de Maiores, Xubilados e Pensionistas de Mos).


Pola súa banda o Concello de Mos faralles entrega da bandeira municipal e dunha placa conmemorativa do Centenario.


O programa de actos oficiais estes días en Bos Aires incluirá visita e percorrido para coñecer a Asociación Galega Residentes de Mos, visita da mostra ‘Mos 100 anos’ na sala de arte do Centro Galicia, percorrido pola sede de Mitre do Centro Galicia, asistencia ao Festival-Concerto no salón Valle Inclán do mesmo Centro Galicia con presentación do disco dos Demos, Escolas de Danzas e Cantareiras, e participación dos grupos convidados de Mos (Xulio Lorenzo e A Vacaloura Vermella), intercambio cultural na Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires con taller de baile a cargo de Chisco de Pereiras e taller de música a cargo de Xulio Lorenzo e Marcos Campos; Cea de Gala do Centenario na Sociedade Parroquial de Vedra con participación dos grupos convidados e escolas, visita ao Centro Galicia de sede Olivos, asistencia á Misa na honra dos falecidos da Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires, visita ao ‘Furancho Mos 100 anos’ instalado na Asociación, asistencia á conferencia “Historia de la emigración gallega en Argentina” a cargo de Nelly Duarte na Asociación e asistencia á representación do Pregón realizado pola Asociación no Concello de Mos con motivo do Día da Rosa no ano 2010 e á actuación informal de escolas e grupos e participación no Campionato de Bisca, Tute e Truco.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.