MUNDO EMPRESA
A Xunta destina 1,7 millóns de euros para a formar especialistas en internacionalización empresarial
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica esta semana a nova convocatoria do programa da Consellería de Economía, Emprego e Industria para a especialización de persoas con titulacións universitarias ou profesionais relacionadas co ámbito empresarial.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica esta semana a nova convocatoria do programa para facilitar a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial, impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, e dotada con máis de 1,7 millóns de euros.
A iniciativa está destinada a facilitar a especialización de 40 novos titulados no eido do comercio internacional, persoas nacidas a partir de 1983, con titulación universitaria ou profesional no ámbito vinculado ao mundo empresarial. As 40 bolsas convocadas achegarán formación práctica conxunta en Galicia durante 12 meses e especialización sobre o terreo en catorce destinos mundiais, onde colaborarán –a través do Igape– con proxectos de internacionalización de empresas galegas, durante 12 meses máis, nos mercados internacionais de maior interese estratéxico para o tecido empresarial galego.
A iniciativa da Consellería de Economía, Emprego e Industria contribúe así á capacitación profesional de novos titulados para consolidar o proceso de internacionalización de empresas, para facilitar o seu acceso ao mercado laboral, e para impulsar o desenvolvemento de proxectos de internacionalización das pemes galegas nos que colaborarán os bolseiros achegando os seus coñecementos ao tempo que reforzan a súa formación práctica.
O programa facilítalle aos seleccionados competencias na internacionalización de empresas, mellorando a súa empregabilidade e potenciando a competividade internacional das pemes galegas
O programa, que facilitou ata o momento a especialización de 295 novos titulados galegos que colaboraron coa internacionalización das empresas de Galicia en mercados de todo o mundo, enmárcase na Estratexia de internacionalización da empresa galega 2020 desenvolvida pola Xunta, e que ten como un dos seus eixos a promoción da cultura de internacionalización no tecido produtivo. Acadar a formación do capital humano neste ámbito, proporcionar ao tecido empresarial recursos altamente especializados nos mercados exteriores e impulsar a contratación dos novos titulados por empresas en proceso de expansión internacional son os obxectivos deste eixo da Estratexia e da convocatoria que hoxe recolle o DOG.
O labor desenvolvido polos bolseiros durante os últimos anos non é alleo ao incremento da competitividade exterior das empresas galegas, que se afianzou o pasado 2017, cando se superaron os 21.676 millóns de euros en vendas no exterior, un 8,2% máis que o ano anterior. O comezo de 2018 confirma a tendencia positiva, cunha suba do 19,4 nos dous primeiros meses do ano.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104