Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 26 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Cuarta edición da carreira Atmósfera Sport

O concelleiro de Deportes, Benito Márquez, anima a toda a veciñanza a inscribirse nesta proba.

[Img #40735]

 

A asociación Atmosfera Sport Ponteareas, en colaboración coa concellería de Deportes, dirixida polo socialista Benito Márquez, organiza o domingo día 13 de maio a IV carreira Atmósfera Sport, na que poderán participar todas as persoas, federadas ou non, que así o desexen inscribíndose previamente antes do 28 de marzo na web de Championchip norte https://championchipnorte.com ou presencialmente nas instalacións de Atmósfera Sport en Ponteareas.


A proba está aberta a todos e todas as atletas que teñan cumpridos os 16 anos de idade no momento da proba.


A hora prevista para a saída será ás 10:30 horas para os máis pequenos e pequenas e ás 11:30 horas para a carreira absoluta cun remate estimado sobre ás 13 horas.


O percorrido que será totalmente urbano contará será de 5 km para a mocidade e de dez km para o resto.
O concelleiro socialista de Deportes, Benito Márquez, agradeceu á organización o seu traballo constante por levar a cabo un ano máis esta carreira, que xa é un referente na nosa vila e animou a toda a veciñanza a participar neste evento.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.