MOS
Loureiro satisfeita porque o xuiz "dá a razón aos concellos agraviados pola tarxeta Pass Vigo"
A concelleira de Mobilidale de Mos, Julia Loureiro, manifesta a satisfacción municipal co auto xudicial e lamenta a falla de apoio por parte de GañaMos e PSOE cando se presentou a reclamación ao Concello de Vigo.
A concelleira de Mobilidade mosense, Julia Loureiro, declarou hoxe en nome do equipo de goberno local a satisfacción municipal ante o auto xudicial que obriga ao Concello de Vigo a conceder a tarxeta Pass Vigo tamén a veciños/as doutros municipios e pola que os habitantes de Mos poderán volver a beneficiarse das bonificacións no Vitrasa.
Os mosenses poderán solicitar dende hoxe a Pass Vigo, algo que celebra enormemente a administración local mosense e a edil Loureiro en particular. “O xuiz deunos a razón e a defensa a ultranza da veciñanza que, neste senso, fixo a alcaldesa, Nidia Arévalo, deu os seus froitos”, apunta a concelleira de Mobilidade, quen lembrou e lamentou tamén que no pasado Pleno da Corporación se producisen os votos en contra dos membros de GañaMos e a abstención do PSOE de Mos respecto da reclamación ao Concello de Vigo en relación á tarxeta Pass Vigo.
Os veciños mosenses perxudicados por unha medida inxusta, ilegal e anticonstitucional deixarán de selo, o que congratula ao Concello de Mos.
O Concello de Mos aprobou o pasado 9 de abril por maioría dos membros do Pleno da Corporación Municipal a reclamación ao Concello de Vigo en relación á tarxeta Pass Vigo. A devandita reclamación foi levada á sesión plenaria ordinaria e aprobada cos votos a favor dos grupos municipais do Partido Popular, BNG, e do concelleiro non adscrito, Emilio Muíños; os votos en contra dos membros de GañaMos e a abstención do PSOE de Mos.
Neste sentido a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, lamentaba que “socialistas e GañaMos estean a darlle a espalda aos veciños na problemática da Tarxeta Verde do Vitrasa e a renderlle pleitesía ao alcalde de Vigo votando en contra da reclamación á cidade olívica”. “É moi triste que PSOE e GañaMos lle dean a espalda á veciñanza afectada por esta problemática. Veciñanza mosense que traballa en Vigo, acuden a Vigo ao hospital e a consumir nas áreas comerciais, a facer cidade, en definitiva; e a moitos destes mosenses, coa desaparición da Tarxeta Verde, non lles dá o soldo para viaxar no Vitrasa”, destacaba Nidia Arévalo. Eses veciños e veciñas poderán agora continuar a facer a súa vida diaria cos mesmos dereitos que tiñan antes e coas bonificacións no transporte que lles repercutía a Tarxeta Verde do Vitrasa.
A rexedora local sempre insistiu en que “a substitución da Tarxeta Verde do Vitrasa pola Pass Vigo trátase dunha medida discriminatoria, insolidaria e antisocial, ademais dun ataque directo ás persoas con menos recursos; e é inconstitucional, ilegal e contraria aos principios esenciais de convivencia. É unha situación de discriminación que non se produce en ninguna outra cidade de toda España”. Agora o xuiz Luis Ángel Fernández respalda este argumentario de Arévalo e obriga ao Concello de Vigo a conceder indiscriminadamente a tarxeta Pass Vigo.
Xa o 28 de febreiro se celebrara no salón de sesións do Concello de Mos unha Xunta de Voceiros na que se decidiu o procedemento municipal a seguir respecto da problemática xerada coa Tarxeta Verde de Vitrasa, que moitos mosenses perdían ao pasar Vigo a restrinxir o seu uso aos empadroados na cidade olívica mediante a nova Pass Vigo. Da reunión extraeuse a decisión de presentar un requerimento ao Concello de Vigo, tras o cal iniciaríase a vía xudicial emprendendo un procedemento contencioso administrativo.
No requerimento presentado polo Concello de Mos solicitábaselle a Vigo que “cese na utilización do criterio de empadroamento como condición para poder desfrutar de tarifa bonificada no servizo de transporte colectivo urbano de viaxeiros ao ser este un criterio manifestamente contrario a dereito que vulnera o principio de igualdade establecido no artigo 14 da Constitución Española” tratándose, polo tanto, a medida adoitada polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, dunha acción anticonstitucional e ilegal a todas luces.
Nidia Arévalo, inistía en que o Concello de Mos non pedía ningunha bonificación especial para os mosenses, senón únicamente o que lles corresponde por lei e por dereito, tan só que se cumpla o que a lei establece, tal e como ao final viu a ratificar o auto xudicial.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149