Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 27 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Tempo de emprendedores na Axencia de Colocación de Mos

Onte presentouse a ‘Escola de Emprendemento’ do Concello mosense que estará en funcionamento durante un ano nas dependencias municipais en Puxeiros.

[Img #40756]

 

Sobre 15 persoas asistiron onte  á presentación da ‘Escola de Emprendemento’ do Concello de Mos que tivo lugar na Axencia de Colocación de Mos ás 10.00 horas e contou coa presencia do concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, Óscar Soto, da técnica municipal de Emprego, Ana Vázquez, e dos e das docentes da ‘Escola de Emprendemento’. A Escola conta xa con 20 persoas inscritas.

 

A través desta Escola de Emprendemento, e durante este ano 2018, desenvolverase un Programa de Mentorización de ideas empresariais. Trátase dun programa aberto e gratuíto, que se desenvolverá o último xoves de cada mes, en sesións matinais de tres horas. Ao longo do ano 2018 haberá tres tutores expertos en diversas materias, e con experiencia na creación de StartUps que guiarán aos participantes na análise das súas ideas empresariais.

 

A concellería de Promoción Económica, emprego e novas tecnoloxías, se comprometeu dende o inicio da lexislatura á creación dunha Escola de Emprendemento /Emprendedores. Quérese desta forma, prestar apoio aos emprendedores que queiran poñer en valor as súas ideas empresariais e analizar a viabilidade da mesma.

 

O edil responsable da mesma, Óscar Soto, declarou  a este respecto que “esta Escola configúrase como un instrumento dinamizador da economía e a creación de emprego, así como un vehículo vertebrador dun novo modelo económico e social baseado no coñecemento e a cohesión territorial. Desde o Concello estase facendo un importante esforzo para a sensibilización e cambio de valores cara á iniciativa emprendedora. As distintas Administracións están fomentando unha nova cultura que forme ás novas xeracións no emprendemento, como motor da economía, e axuden a xerar un cambio social que asocie o autoemprego como unha alternativa posible na saída ao mercado laboral”. Soto insistiu en que “a iniciativa emprendedora debe transformar os retos en oportunidades, atopando camiños para afrontar os cambios que se están producindo nos mercados e na sociedade para adaptarse ás novas necesidades que require o mercado”.

 

Ademais o Concello de Mos adheriuse ao Convenio “Concellos Doing Business Galicia” da Xunta de Galicia e a Fegamp, polo cal as empresas que se creen no concello verán reducidos os seus impostos de IBI, IAE e ICIO, en función dos postos de traballo que se creen. Desta forma, vese que a implicación do Concello no apoio á creación de empresas no seu territorio é total.

 

Asímesmo, dende fai moitos anos o Concello de Mos presta un servizo de asesoramento ao emprendedor/a. Dende este servizo infórmase de axudas, de pasos para a creación da empresa, normativa sectorial, etc. Este Servizo atendeu dende o ano 2000 ata hoxe a 363 proxectos empresariais (de 1 a 3 emprendedores/as), cunha media de 35% de altas anuáis.


O servizo que se presta é o acompañamiento personalizado, segundo a fase na que se atope o proxecto, para o seu desenvolvemento de forma viable. O Concello tamén ten un Convenio con La Caixa – Puxeiros, a través da cal as persoas emprendedoras poder acceder á financiación dun microcrédito social.

 

A Escola de Emprendemento - EmprendeMos está dirixida a todas aquelas persoas que queren profundizar no seu obxectivo profesional e nas súas ideas emprendedoras, que non quere dicir, que desenboquen en proxecto empresarial, senón, que axudarán a tódolos asistentes a definir o seu obxectivo profesional.

 

Prestarán apoio á ‘Escola de Emprendemento’ do Concello de Mos varios expertos en distintas áreas e voluntarios SAE como son Pablo Osorio Diéguez,  Licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela, e socio fundador do Impact Hub Vigo, unha rede global de innovación social, e é un experto en materias relacionadas coa estratexia empresarial, mentor das xornadas Start-Up Pirates de Vigo e Ourense,  director comercial e de marketing de varias empresas, … Avelino Correa Márquez, que é o creador de unha app que se chama Creappcuentos e é unha Startup que se dedica ao desenvolvemento de apps de carácter educativo e experto en venta de canal de distribución, venta en fabricante, campos de formación e campos de compra, así coma no ámbito TIC. E José Cameselle Villanueva, Arquitecto, Técnico de proxectos de edificación e rehabilitación, e experto no ámbito urbanístico, que foi contratista na execución de locais comerciais, interiorista e especialista en desenrolo de marca.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.