GALICIA
Feijoo viaxará a México a vindeira semana co obxectivo de que este país siga sendo un aliado tamén da Galicia do crecemento
O titular da Xunta asistirá á celebración do Primeiro de Maio, asistirá á celebración do Primeiro de Maio, unha cita organizada polo Centro Galego de México, onde se honra á colectividade galega.
O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que a vindeira semana viaxará novamente a México co obxectivo de que este país siga sendo un aliado tamén da Galicia do crecemento.
Durante unha reunión co gobernador do estado mexicano de Querétaro, Francisco Domínguez Servién, Feijóo aseverou que tanto o crecemento da economía galega, por riba do 3%, e o crecemento de México, cun PIB que se incrementa un 2,1%, fan que se trate dun bo momento para seguir colaborando. “México é un país en pleno crecemento”, incidiu, engadindo que ten en Galicia e nas súas empresas un punto de apoio de grande utilidade para continuar a súa expansión.
Máis polo miúdo, precisou que a estancia no país incluirá encontros institucionais, económicos e culturais. Así, o presidente do Goberno galego asistirá no primeiro día da viaxe á celebración do Primeiro de Maio, unha cita organizada polo Centro Gallego de México, onde se honra á colectividade galega.
Esta viaxe servirá, ademais, para ampliar os contactos institucionais, a través de numerosas reunións con membros do gabinete do Goberno mexicano, e para reforzar os lazos entre ambos territorios.
Esta viaxe servirá, ademais, para ampliar os contactos institucionais con numerosas reunións con membros do gabinete do Goberno mexicano e para reforzar os lazos culturais e económicos entre ambos territorios
Nesta liña, asegurou que o estado de Querétaro pode ser un socio de excepción. Non en va, o gobernador Francisco Domínguez, visitará durante a súa estancia na Comunidade, a empresa Ramón García, especializada en carpintería e que se instalou tamén neste estado, onde o vindeiro mes inaugurará unha nova fábrica, cun investimento de 14 millóns de euros.
Canles de colaboración fluídos e estables para fortalecernos mutuamente
O titular do Executivo galego destacou as grandes posibilidades de cooperación en sectores como o da automoción, un sector punteiro en Querétaro, onde se atopan máis de 300 empresas nesa industria, que xeran 50.000 postos de traballo e representa o 28,5% das exportacións.
Este estado alberga tamén un potente sector aeronáutico que se sitúa dentro dos 5 hubs aeroespaciais do mundo, composto por 85 empresas e 50.000 emprego e que conta co Centro Nacional de Tecnologías Aeronáuticas para incrementar a súa competitividade. E o sector agroalimentario representa o 25% do PIB manufactureiro e rexistra máis do 116 empresas.
Querétaro destaca ademais pola súa inmellorable situación xeográfica, cerca de México DF, o que o converte nun hub de distribución para o norte do país, con 1.325 empresas instaladas e con 657 investigadores do Sistema Nacional de Investigadores. E contará a finais deste ano con 5 novos parques industriais, sumando un total de 45.
O presidente da Xunta concluíu agradecendo a visita do gobernador e a cordialidade do encontro, que constata que a cooperación entre Galicia e México é un camiño recíproco. Nun momento no que a internacionalización é unha prioridade no conxunto dos sectores produtivos, “Galicia e Querétaro temos moitos deses sectores en común e é bo que teñamos canles de colaboración fluídos e estables para fortalecernos mutuamente”, abundou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213