Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 01 de Mayo de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Nava Castro apoiará as obras de mellora da praia fluvial da Freixa e o seu entorno

Xosé Represas entrevistouse coa Directora de Turismo a quen solicitou o apoio financeiro para o proxecto de recuperación da Freixa

[Img #40782]

 

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a concelleira de Turismo, Hortensia Bautista, mantiveron recentemente unha reunión de traballo coa Directora Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, a tamén ponteareá Dna. Nava Castro, na que lle solicitaron o apoio financeiro da Xunta  para a recuperación da Praia da Freixa, un dos principais recursos turísticos de Ponteareas.


Represas explicou que “o proxecto de recuperación da praia fluvial da Freixa e o seu entorno está enmarcado nas liñas de actuación e promoción turística de Ponteareas en base aos recursos e as potencialidades da localidade”. O alcalde indicou que a posta en valor dos atractivos turísticos cos que conta Ponteareas é unha das prioridades que agora podemos abordar.


“Os espazos naturais, como río Tea, o seu entorno e o seu valor ecolóxico, paisaxístico e de ocio ambiental, de recreo e deportivo” é unha das liñas estratéxicas para o turismo de Ponteareas e a comarca”.


Nava Castro manifestou o seu interese polo proxecto e comprometeuse a apoialo, quedando pendente de concretar a realizaciún dun convenio de colaboración para financiar o custe das obras entre as dúas administracións, contemplando a posibilidade de que estas actuacións poideran realizarse entre 2018 e 2019.
O importe total do proxecto, que xa foi aprobado por toda a Corporación, suma 212.800€ euros. As obras teñen como finalidade  revalorizar o espazo da Praia fluvial e o seu entorno para convertelo non só nunha área de lecer de calidade se non tamén nun reclamo turístico.


As actuacións, que pretenden unha renaturalización do espazo do areal e a zona lindante co río, realizaránse no espazo público para acondicionar e recuperar a praia fluvial e tamén o edificio da EDAR para aseos e vestiarios, deste xeito reutilízanse instalacións existentes, adaptándoas ás esixencias das normativas vixentes.  Dotarase a praia dos servizos necesarios para o seu funcionamento retirando os elementos innecesarios que impiden o desfrute do espazo ao aire libre (canalización de instalacións, traslado de contedores, eliminación de asfalto e coches, ampliación de zona verde e novos camiños…)


Tamén se colocará un embarcadeiro, un dique que limite a praia, bancos de granito, mobiliario urbano, unha fonte, un aparcabicicletas, merendeiro, sinaléctica, papeleiras…


A obra complétase coa prantación de céspede, pavimentación de zona de aparcamento e un camiño de losetas de formigón entre outras actuacións.


“Con esta e outras actuacións nesta liña o que pretendemos é que os turistas vexan no noso Concello un lugar que merece a pena visitar, o que redundará positivamente en sectores como a hostalería, o comercio ou a rede de aloxamentos de turismo rural.” manifestou Represas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.