Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 29 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

O Concello de Mos informa ao empresariado de A Portela das posibilidades para desenvolver o polígono

Alcaldesa, concelleira de Urbanismo e técnicos municipais reuníronse esta semana cun nutrido grupo de empresarios.

[Img #40796]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira mosense de Urbanismo, Julia Loureiro, e a secretaria, xurídico e arquitecto municipais reuníronse esta semana no salón de actos da Axencia de Colocación con preto dunha vintena de empresarios do Polígono A Portela en Puxeiros por solicitude dun deles.

 

O motivo da xuntanza foi o de informar ao empresariado de A Portela dos pasos a seguir para mellorar e desenvolver o Polígono, xa que este se atopa en solo urbano non consolidado.

 

Representantes e técnicos municipais explicáronlles aos interesados o procedemento a levar a cabo para desenvolver o Polígono e que consiste na elaboración conxunta, e previo acordo dos empresarios, dun Plan Especial, que sería tramitado pola Xunta de Galicia e aprobado, en última instancia, por parte do Concello de Mos.

 

Unha vez aprobado este Plan Especial, procedería a constitución dunha Xunta de Compensación e a posterior elaboración dun proxecto de reparcelación e dun proxecto de urbanización para completar o trámites necesarios neste proceso.

 

Se finalmente se leva a cabo este procedemento, o Polígono A Portela, agora solo urbano non consolidado, podería ser dotado de servizos (máis e mellores que os actuais), mellorando a edificabilidade e o aproveitamento das parcelas. De ser así, cabería a posibilidade de que os empresarios puideran realizar ampliacións nas súas naves, etc. algo que agora é inviable ao non poder concedérselles licenzas a tal fin por tratarse de solo urbano non consolidado.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.