MOS
Veigadaña mellora o seu local social con pintura exterior e equipamentos para cociña
Nos últimos tres anos a Xunta de Galicia concedeulles preto de 25.000 euros para construir e amueblar unha cociña e pintar o exterior das instalacións da asociación veciñal, que é tamén albergue privado de peregrinos.
![[Img #40799]](upload/img/periodico/img_40799.jpg)
A pasada semana a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e diversos concelleiros e concelleiras do equipo de goberno local visitaron a Asociación de Veciños Santa Ana de Veigadaña, onde, acompañados pola directiva e membros da Asociación, puideron comprobar de primeira man os resultados dos traballos de mellora do local; acometidos grazas ás subvencións dos anos 2016 e 2017 do Plan Específico de Acción Comunitaria destinado a asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia da Vicepresidencia, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia.
Ademais trataron a finalidade da axuda que lles foi concedida con cargo a este mesmo Plan de Acción Comunitaria no presente 2018, e que ascende a un total de 9.023,88 euros a repartir entre obra e compra de equipamento. Para obra destínanse 4.873,88 euros cos que se realizará o pintado de todo o exterior do local social, tamén habilitado como albergue de peregrinos. Estes traballos de pintura, tal e como informou o presidente da Asociación, José Manuel Pousada Fernández, iniciaranse de cara ao vindeiro verán.
Por outra banda, destínanse 4.150 euros á compra de mobiliario e electrodomésticos de cociña para poder cociñarlles aos peregrinos aloxados, ou que eles mesmos se cociñen a súa propia comida nas instalacións do albergue. Pousada Fernández informou a este respecto que o mobiliario adquirido recepcionarase a próxima semana.
En total, nos útimos tres anos a Asociación de Veciños Santa Ana de Veigadaña recibiu do Plan de Acción Comunitaria da Xunta de Galicia un total de 24.534,76 euros en axudas. O pasado 2017 Veigadaña recibiu unha subvención de 4.950 euros para a compra de mobiliario para equipar a cociña que fora acometida o ano anterior na parte externa do local social da Asociación de Veciños.
E no ano 2016 a subvención autonómica de 10.560,88 euros foi destinada á construción da devandita cociña na parte externa das instalacións da Asociación.
A alcaldesa destacou na súa visita da semana pasada “a importancia destas actuacións e o tesón e o esforzo da Asociación de Veciños Santa Ana de Veigadaña para conseguilas”, destacando a “valía dos colectivos veciñais e o seu papel vital á hora de construír un Mos mellor”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149