GALICIA
A Policía Autonómica esclarece tres incendios nos concellos de Celanova, Salvaterra de Miño e Boiro
No que vai de ano a Policía Autonómica leva investigada, un total de 16 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.
A Policía Autonómica esclareceu, nos últimos días, tres incendios acontecidos nos concellos de Celanova, Salvaterra de Miño e Boiro.
Axentes do grupo de incendios de Ourense investigaron a un veciño de Celanova como presunto autor dun incendio forestal ocorrido o pasado día 20 de abril no lugar de Freixo, no concello de Celanova, que se produciu por mor dun escape de queima e onde non se adoptaron as medidas de seguridade indicadas, resultando afectadas 0,025 hectáreas de monte raso. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Celanova.
No caso de Salvatera de Miño, foron os policías do grupo de Vigo que procederon á investigación dunha persoa como presunta autora dun incendio por neglixencia na realización dunha queima de restos forestais. O incendio tivo lugar o día 24 na parroquia de Cabreira, concello da Salvaterra de Miño (Pontevedra), no que se queimaron 0,68 hectáreas de terreo forestal arborado e 0,2 hectáreas de superficie rasa. Polos feitos,ramitáronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución nº 3 de Ponteareas.
Policías do Grupo de Incendios da Policía Autonómica de Santiago de Compostela, en colaboración co persoal do Distrito Forestal IV-Barbanza, procederon a tomar declaración en calidade de investigado a unha persoa , como presunta autora dun incendio forestal ocorrido o día 24 na parroquia de Santa Baía, Concello de Boiro, e que afectou a unha superficie aproximada dunhas 0,07 hectáreas. O lume iniciouse pola realización dunha queima de restos forestais, sen ter en conta as medidas de seguridade. Polos feitos instruíronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución en funcións de garda de Ribeira (A Coruña).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170