SALCEDA DE CASELAS
Salceda súmase a petición do remate das obras da A55 e a quer se liberalice a peaxe da AP9
O pleno aprobou por unanimidade unha moción do PSdeG-PSOE na que se pide a fomento a liberalización da peaxe AP9 e o remate das obras da A55.
![[Img #40833]](upload/img/periodico/img_40833.jpg)
A voceira do grupo socialista Verónica Tourón apelou na súa exposición a que “esta situación causa graves prexuízos ós veciños de Salceda e outros concellos da área metropolitana de Vigo, xa que servizos tan importantes como a asistencia hospitalaria teñen o seu enlace con Salceda a través destas dúas estradas, que se atopan ambas neste intre en obras”.-
“Preto dun ano despois da data prevista de remate das obras da A55, seguimos observando e padecendo accidentes, traballos estancados, sinalización de obras de carácter permanente e tramos limitados a 60 km/h, situacións todas estas que provocan graves problemas os cidadáns de toda a área, entre eles Salceda” explican as concelleiras socialistas.
Por outra banda, a alternativa, a AP9 é unha vía de pago que tamén se atopa en obras, polo que pedimos que se elimine a peaxe da mesma, a lo menos, mentres non exista unha realidade que elimine os graves problemas de retención de tráfico existentes a día de hoxe, froito da insuficiente capacidade da vía actual.
Consideran ademais esencial que se unan todos os concellos afectados, para facer forza e que dunha vez se de unha solución integral para estas vías, ademais de que se remate unha obra que comezou en outubro de 2015 e se arranxe unha situación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136