Viernes, 28 de Noviembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 02 de Mayo de 2018 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Unha nova fábrica de conservas creará 300 postos de traballo en Vila Nova de Cerveira

[Img #40834]

 

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, acompañada do concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Antonio Tartaglione, recibiu estes días no Concello a Laura Pernas, Responsable de Organización e Persoas de Atunlo e a Joao Gonçalves, Director de Proyecto de Central Lomera Portuguesa, unha nova fábrica de elaboración de lomos de atún precocidos destinados á conserva que, en breve, abrirá as súas portas no polígono industrial de Fulão, na localidade transfronteiriza de Vila Nova de Cerveira.

 

Trátase da futura Central Lomera Portuguesa, que comezará a funcionar no mes de xullo próximo, e suporá a creación paulatina de 300 postos de traballo.

 

 

 

 

A alcaldesa mantivo hoxe unha reunión cos xestores do novo proxecto

 

 

 

 

A nova firma ten o respaldo de empresas consolidadas coma Marfrío e Atunlo e significará o investimento de 7.000.000 de euros.

 

As instalacións, de 6500 metros cadrados, adicaranse á elaboración de lomos de atún destinados ó mercado de alta gama e terá una capacidade de elaboración de 100 toneladas diarias.

 

Durante o encontro cos responsables municipais, os responsables da nova fábrica, explicaron en detalle as características da empresa, e solicitaron a colaboración do departamento de Emprego do Concello na difusión do proxecto.

 

A alcaldesa, pola súa banda, acolleu a iniciativa empresarial con satisfacción e comprometeuse derivar ás persoas interesadas que se dirixan ao Concello en busca de emprego.

 

Na reunión, os responsables da fábrica explicaron que o perfil do persoal a contratar, é bastante amplo e, no caso dos operarios e operarias, non require formación previa, xa que esta correrá a cargo da empresa. Tamén seleccionarán técnicos de mantemento, calidade e recursos humanos, entre outros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.