OIA
Moción de Movemento Oia sobre o Conxunto histórico artístico “Vila Mariñeira”
![[Img #40835]](upload/img/periodico/img_40835.jpg)
"Oia, pese a ter unha costa importante, unha paisaxe espectacular e unha historia destacable, non ten un tirón turístico nin medios para pór en valor gran parte do seu patrimonio" segundo explican dende Movemento Oia.
"Apenas existe promoción turística en Oia, e os posibles activos do Mosteiro, encóntranse en ruínas e sen propostas para desbloquear a súa rehabilitación" aseguran engadindo que o "Camiño de Santiago pola costa aínda non ten tirón suficiente, a pesares da melloría ano a ano dada a importancia e excelente beleza que ostenta, grazas ó boca a boca da xente".
A oferta da Costa dos Castros e ruta Máxica, se ben son iniciativas turísticas destacables e importantes, non teñen a repercusión nin o apoio institucional suficiente.
Por todo e a proposta de Xoán Lois Vila de Movemento Oia ven de presentarse unha Moción na que ase solicta
"a solicitude de declaración de “Conxunto histórico-artístico” Oia-Arrabal 'Vila Mariñeira'"
Para elo insta á corporación municipal "a pór os medios técnicos e recursos necesarios para presentar a correspondente solicitude ante o órgano correspondente no prazo dun mes."

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136