Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 01 de Mayo de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A reforma da Avenida de Galicia contará cun investimento de 600.000€ do ‘Plan Concellos 2018’

[Img #40840]

 

O Goberno local do Porriño acometerá a reforma e humanización integral da Avenida de Galicia, un proxecto que disporá dun orzamento total de 600.000€ e que estará financiado con cargo ao ‘Plan Concellos 2018’ da Deputación de Pontevedra.


A alcaldesa, Eva García de la Torre, subliña que o obxectivo principal é o de “recuperar espazos públicos para os veciños” e para o cal, engade , “haberá elementos que van a dar resposta ás demandas dos cidadáns”, coma un parque infantil, zonas verdes, espazos de lecer e partes que disporán de sombra de xeito que se poida gozar dos mesmos nos meses do verán.


Ao tempo que “se integra esta zona na nosa vida cotiá, creando un lugar con atractivo e personalidade propia”, tamén “apostamos polo impulso económico dunha das arterias do Porriño”, buscando o incremento de número de establecementos e negocios de todo tipo, dende hostaleiros ata de novas tecnoloxías, cubrindo un déficit dotacional e acabando coa falla de atractivo desta parte da vila pola que pasan cada día milleiros de persoas.
O prazo de realización dos traballos, unha vez sexan licitados e adxudicados, será duns 6 meses e os mesmos acometeranse sobre unha distancia total duns 450 e máis de 2.270 metros cadrados de superficie, incluíndo a medianeira que separa os carrís de cada sentido de circulación.


Considerando que a Avenida de Galicia é unha das principais vías de acceso ao casco urbano, as obras vanse realizar en dúas fases coa finalidade de reducir ao máximo as molestias que poidan ocasionar.


Os traballos, ademais das melloras dotacionais e estéticas, abranguerán unha nova rede de conexión de pluviais, instalación de luminarias e xardineiras, adiamento da praza e das beirarrúas, reposición de pavimentos e mobiliario urbano, plantación de árbores, colocación de xardíns ou a instalación dunha pérgola de folla.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.