GALICIA
Os galegos reciclaron máis de 43.000 toneladas de vidro en 2017, un 5,5 por cento máis que no ano anterior
A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático sinala que cada galego depositou no contedor verde 16,1 kg deste material, o maior incremento en 5 anos.
![[Img #40859]](upload/img/periodico/img_40859.jpg)
Ao longo de 2017 os galegos reciclaron máis de 43.000 toneladas de vidro, un aumento do 5,5 por centro respecto ao ano anterior. Este dato supón o maior incremento da recollida selectiva a través do contedor verde dos últimos cinco anos e sitúa a Galicia xa na media española e nunha boa posición respecto á europea.
A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, María Cruz Ferreira Costa, e o xerente de zona Galicia-Asturias de Ecovidrio, Germán Fernández, salientaron este esforzo do conxunto da sociedade galega durante unha rolda de prensa na que ofreceron cifras de reciclaxe deste material na totalidade da comunidade.
Ferreira Costa salientou que cada galego reciclou 16,1 kg de residuos de envases de vidro, un quilo más que no ano anterior, cando a media se situou por riba dos 15 quilos. En canto aos resultados por provincias, nas catro detectouse un incremento respecto dos datos de 2016, sendo un ano máis a provincia da Coruña a única que supera a media galega e a que máis recicla, cun promedio de 17,1 kg/hab, seguida da de Pontevedra, con 15,8 kg/hab, Ourense, con 14,7 kg/hab e Lugo, con 14,4 kg/hab.
Galicia
16,1 kg/hab
A Coruña
17,1 Kg/hab
Pontevedra
15,8 Kg/hab
Ourense
14,7 Kg/hab
Lugo
14,4 Kg/hab
Media nacional
16,9 Kg/hab
María Cruz Ferreira Costa e Germán Fernández destacaron o esforzo da poboación á hora de reciclar este material e coincidiron en que parte deste incremento débese á maior concienciación cidadá sobre os beneficios que reporta ao medio ambiente reciclar.
Co obxectivo de facilitar a colaboración cidadá, ao longo do pasado ano incrementouse un 4% o parque de colectores ata acadar as 15.286 unidades, situando a media de contenerización en 1 colector por cada 177 habitantes. Deste xeito, Galicia é a terceira comunidade cun maior incremento na media de contedores respecto ás cifras de 2016, situándose só por debaixo de Baleares e de Madrid, destacou a directora xeral.
Tal e como informou o xerente de zona de Galicia-Asturias, Ecovidrio -entidade sen ánimo de lucro que se encarga desde hai 20 anos da reciclaxe de vidro en España-, xestionou máis de 161 millóns de envases o ano pasado, unhas cifras que consolidan a tendencia ascendente na recuperación deste tipo de material en Galicia, que acumula sete anos consecutivos de incrementos.
A directora xeral de Calidade e Avaliación Ambiental destacou que o esforzo realizado polos galegos, que en 2017 reciclaron 2.248 toneladas máis, evitou a emisión de máis de 30.000 toneladas de CO2, o que equivalería a retirar case 7.500 coches das estradas ao longo dun ano; aforrar máis de 100.000 MWh de enerxía na fabricación de novos envases de vidro e evitar a extracción de case 55.000 toneladas de materia primas da natureza, equivalentes a cinco veces o peso da Torre Eiffel.
Concienciar, aspecto clave
Ferreira Costa destacou que hoxe en día ninguén dubida que a reciclaxe de vidro é un elemento clave na loita contra o cambio climático e engadiu que a hostalería é un sector vital para mellorar os resultados, xa que xera un 50% dos envases de vidro dun só uso que se poñen no mercado. Neste sentido, explicou que a campaña de recollida porta a porta para establecementos de hostalería posta en marcha o ano pasado está a ter moi bos resultados entre o colectivo.
Así mesmo, a directora xeral referiuse tanto ás medidas de formación como ás iniciativas de concienciación impulsadas en colaboración con Ecovidrio nos últimos meses, un esforzo que na súa opinión explica que “cada vez a xente sexa máis sensible á reciclaxe”.
Entre elas, cómpre lembrar que o pasado mes de febreiro Medio Ambiente e Ecovidrio puxeron en marcha a campaña EtiDeQuenVesSendo, coa que se pretende incrementar en case un 30% a taxa de reciclaxe na comunidade con respecto á cifra de 2015. Esta iniciativa, que conta coa colaboración de Fernando Romay en calidade de embaixador, presta unha atención especial ao sector da hostalería, estando previstas visitas a medio centenar de establecementos con formadores de Ecovidrio, para explicarlles os beneficios ambientais da reciclaxe e darlles pautas para facelo correctamente.
Ao longo de 2017 os galegos reciclaron máis de 43.000 toneladas de vidro, un aumento do 5,5 por centro respecto ao ano anterior. Este dato supón o maior incremento da recollida selectiva a través do contedor verde dos últimos cinco anos e sitúa a Galicia xa na media española e nunha boa posición respecto á europea.
A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, María Cruz Ferreira Costa, e o xerente de zona Galicia-Asturias de Ecovidrio, Germán Fernández, salientaron este esforzo do conxunto da sociedade galega durante unha rolda de prensa na que ofreceron cifras de reciclaxe deste material na totalidade da comunidade.
Ferreira Costa salientou que cada galego reciclou 16,1 kg de residuos de envases de vidro, un quilo más que no ano anterior, cando a media se situou por riba dos 15 quilos. En canto aos resultados por provincias, nas catro detectouse un incremento respecto dos datos de 2016, sendo un ano máis a provincia da Coruña a única que supera a media galega e a que máis recicla, cun promedio de 17,1 kg/hab, seguida da de Pontevedra, con 15,8 kg/hab, Ourense, con 14,7 kg/hab e Lugo, con 14,4 kg/hab.
Galicia |
16,1 kg/hab |
|||
A Coruña |
17,1 Kg/hab |
|
|
|
Pontevedra |
15,8 Kg/hab |
|
|
|
Ourense |
14,7 Kg/hab |
|
|
|
Lugo |
14,4 Kg/hab |
|
|
|
Media nacional |
16,9 Kg/hab |
María Cruz Ferreira Costa e Germán Fernández destacaron o esforzo da poboación á hora de reciclar este material e coincidiron en que parte deste incremento débese á maior concienciación cidadá sobre os beneficios que reporta ao medio ambiente reciclar.
Co obxectivo de facilitar a colaboración cidadá, ao longo do pasado ano incrementouse un 4% o parque de colectores ata acadar as 15.286 unidades, situando a media de contenerización en 1 colector por cada 177 habitantes. Deste xeito, Galicia é a terceira comunidade cun maior incremento na media de contedores respecto ás cifras de 2016, situándose só por debaixo de Baleares e de Madrid, destacou a directora xeral.
Tal e como informou o xerente de zona de Galicia-Asturias, Ecovidrio -entidade sen ánimo de lucro que se encarga desde hai 20 anos da reciclaxe de vidro en España-, xestionou máis de 161 millóns de envases o ano pasado, unhas cifras que consolidan a tendencia ascendente na recuperación deste tipo de material en Galicia, que acumula sete anos consecutivos de incrementos.
A directora xeral de Calidade e Avaliación Ambiental destacou que o esforzo realizado polos galegos, que en 2017 reciclaron 2.248 toneladas máis, evitou a emisión de máis de 30.000 toneladas de CO2, o que equivalería a retirar case 7.500 coches das estradas ao longo dun ano; aforrar máis de 100.000 MWh de enerxía na fabricación de novos envases de vidro e evitar a extracción de case 55.000 toneladas de materia primas da natureza, equivalentes a cinco veces o peso da Torre Eiffel.
Concienciar, aspecto clave
Ferreira Costa destacou que hoxe en día ninguén dubida que a reciclaxe de vidro é un elemento clave na loita contra o cambio climático e engadiu que a hostalería é un sector vital para mellorar os resultados, xa que xera un 50% dos envases de vidro dun só uso que se poñen no mercado. Neste sentido, explicou que a campaña de recollida porta a porta para establecementos de hostalería posta en marcha o ano pasado está a ter moi bos resultados entre o colectivo.
Así mesmo, a directora xeral referiuse tanto ás medidas de formación como ás iniciativas de concienciación impulsadas en colaboración con Ecovidrio nos últimos meses, un esforzo que na súa opinión explica que “cada vez a xente sexa máis sensible á reciclaxe”.
Entre elas, cómpre lembrar que o pasado mes de febreiro Medio Ambiente e Ecovidrio puxeron en marcha a campaña EtiDeQuenVesSendo, coa que se pretende incrementar en case un 30% a taxa de reciclaxe na comunidade con respecto á cifra de 2015. Esta iniciativa, que conta coa colaboración de Fernando Romay en calidade de embaixador, presta unha atención especial ao sector da hostalería, estando previstas visitas a medio centenar de establecementos con formadores de Ecovidrio, para explicarlles os beneficios ambientais da reciclaxe e darlles pautas para facelo correctamente.
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170