Baiona
O programa de Masterchef grabado en Baiona logra 2.365.000 espectadorese e un 14,6 por cento de cota de pantalla
MasterChef viaxou a Baiona na súa proba de exteriores. Desde un marco incomparable, o parador de Baiona, e co océano Atlántico ao fondo, os aspirantes do talent-show culinario elaboraron un menú típico galego para poñer a proba os seus dotes na cociña. O programa, que ten unha millonaria audiencia, é un dos maiores éxitos televisivos dos últimos anos e o seu tirón é indubidable. As imaxes de Baiona e a súa baía foron vistas por 2.365.000 espectadores e un 14,6 por cento de cota de pantalla. O programa foi o máis visto da cadea en todo o día.
Esa repercusión tamén foi moi considerable nas redes sociais, con numerosos comentarios e varios millóns de visualizacións dunha emisión na que os grandes protagonistas foron o Parador de Baiona, as espectaculares imaxes da Fortaleza de Monte Real, ademais da cociña galega. O programa tamén se coou entre os 5 primeiros Trending Topic a nivel estatal.
O Alcalde de Baiona, Ángel Rodal, destaca a gran repercusión do programa, "que permitiu a millóns de persoas coñecer o bellísimo paisaxe de Baiona así como o noso espectacular Parador e a Fortaleza de Monte Real. "Neste sentido, o rexedor especifica que "a promoción turística coas imaxes da nosa Vila de fondo foi enorme".
“Aspirantes benvidos a Baiona a beiras do Océano Atlántico e fronte ás marabillosas Illas Cíes. Un lugar de beleza inigualable”, esta foi a entradilla que a famosa presentadora Eva González fixo da Real Vila antes de dar comezo á proba de exteriores do talent culinario máis visto da historia da televisión española.
“Non hai mellor campaña para a promoción turística de Baiona que acoller un dos programas de maior audiencia da televisión española. Millóns de telespectadores observaron en horario de máxima audiencia imaxes da nosa Baía e da fortaleza de Monterreal, unha das mellores cartas de presentación do municipio. A emisión destas imaxes supón unha gran promoción turística para a marca Baiona”, destacou a Concelleira de Turismo, Beatriz Baiona.
A gravación deste segundo episodio supón unha gran promoción turística para o municipio. Estamos a falar dunha campaña turística a nivel estatal incrustada nunha emisión que ten unha duración de 2:20 h. en horario de máxima audiencia. É imposible valorar ese dato con exactitude, pero estariamos a falar dun importante investimento en promoción turística.
O vindeiro sábado ás 10.35 horas en TVE 1 emitirase de novo esta segunda entrega de ' MasterChef 6, cuxa proba de exteriores desenvolveuse no Parador de Baiona e que levou as imaxes da Real Vila de Baiona a miles de fogares españois. Os espectadores do programa convértense en potenciais visitantes do lugar unha vez divisada a espectacular beleza que ofrece o municipio.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163