Mos
IV liga Interescolar de Xadrez Concello de Mos
Reuniu a un total de 46 xogadores/as este domingo no Centro Dotacional de Torroso
O pasado domingo, 29 de abril, celebrouse a cuarta edición da Liga Interescolar Concello de Mos.
A esta cita, como en anos anteriores, acudiron nenos e nenas en idade escolar, que cursan Educación Primaria e Secundaria no Concello de Mos. Tamén participaron aqueles alumnos e alumnas da Escola do Club Xadrez Mos que, a pesar de non pertencer a ningún centro do municipio mosense, sí compiten, adestran e son membros do Club mosense.
Dende o Club Xadrez Mos destacan que “todos eles, a pesar das súas diferentes idades, teñen en común a súa paixón polo xadrez”.
A proba disputárona un total de 46 xogadores/as ao longo do domingo nas instalacións do Centro Dotacional de Torroso. Neste sentido o Club organizador quixo “como sempre, agradecer ao Centro Dotacional por brindarnos a oportunidade de celebrar as nosas actividades nas súas magníficas instalacións. Por suposto, ao Concello de Mos, por apoiar todas as actividades que realizamos ao longo da tempada. Especialmente o seu apoio á promoción do xadrez en Mos. A liga Interescolar é a guinda a un mes de traballo promocionando o xadrez en horario lectivo en todos os centros públicos do Concello de Mos. Un mes con todos os alumnos e alumnas de primeiro e segundo de Primaria dos cinco colexios públicos do noso Concello, aos cales, o noso Club, en colaboración co Concello, introduciu ao xadrez; á súa normativa e conceptos básicos, para que aos poucos poidan gozar da nosa paixón igual que o facemos nós. E por suposto, agradecer aos 46 valentes que disputaron a proba. Felicitalos a todos e cada un deles e elas. Xa que foi unha xornada moi bonita, que seguro repetiremos o ano que vén”.
Nesta ocasión, os mellor clasificados foron: 1º Clasificado – Antonio Álvarez Pampillón, 2º Clasificado – Lucas Represas Gómez, 3º Clasificado – Carla Ramírez Senlle, 1º Xogador Sub10 – Alexandre Rodríguez Vieito, 1º Clasificada Feminino – Noa Costas Senlle, 1º Colexio – IES de Mos, 2º Colexio – Colexio Lareira e 3º Colexio – Mestre Valverde Maio (Sanguiñeda).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149