Mos
Antía Caride logra chegar á final de “Gana con tu voz”
A de Pereiras loita por comezar unha carreira musical co reputado productor Tony Ohlsson
![[Img #40879]](upload/img/periodico/img_40879.jpg)
A mosense natural de San Rafael, parroquia de Pereiras, Antía Caride, está a participar novamente no concurso de televisión (Telecinco) “Gana con tu voz”, no que se erixiu finalista. Antía Caride Otero, gañou a proba de “Gana con tu voz” que se celebrou no Centro Comercial Gran Vía de Vigo asegurándose así o pase á final Nacional onde loitará por comezar unha carreira musical co reputado productor Tony Ohlsson.
Antía empezou a cantar desde moi pequena e participou en programas como O Pequeno Gran Show na TVG, pero foi aos 18 anos cando comezou a estudar canto na Escola de Música e Danza MaiSon. Aí foi cando, xunto coa súa amiga Saray Losada, decidiron apuntarse ao concurso Tes Talento?, que se realizaba no Porriño, no que acadaron o 2º posto.
En 2014 Antía Caride presentouse de novo a Tes Talento? e nese caso, en solitario, conseguiu quedar en primeiro lugar. A partir de aí seguiu estudando música pero centrouse máis nos seus estudos académicos.
Foi neste mesmo ano 2017 cando a súa parella e a súa nai decidiron apuntala ao concurso ‘Gana con tu voz’, evento colaborador co Casting de ‘La Voz’, no cal se disputan grandes premios.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149