Mos
A "campaña" educativa “Non te Consumas” busca previr a drogadicción entre o alumnado do IES de Mos
Trátase do segundo curso escolar consecutivo que se realiza esta iniciativa con moi bos resultados
![[Img #40880]](upload/img/periodico/img_40880.jpg)
A concellería de Educación do Concello de Mos que dirixe o edil Camilo Augusto está a levar a cabo a segunda edición do Programa “Non te Consumas” sobre drogadicción e para a prevención da mesma traballando nos colectivos de adolescentes e preadolescentes.
Esta segunda edición comezou o 23 de marzo e rematará o 23 de maio. O curso pasado a Concellería de Educación do Concello de Mos puxo en marcha o proxecto de prevención do consumo de drogas precoz “Non te Consumas”, dirixido ó alumnado do IES. Co gallo de concienciar dos riscos derivados do consumo de sustancias aditivas desenvolveuse unha xornada de sensibilización innovadora que combinou relatorios de testemuñas reais cun circuito de obradoiros didácticos. Esta iniciativa acadou enorme éxito entre os estudantes, profesorado e profesionais que asistiron, avaliando a actividade moi interesante no seu conxunto.
Este foi o punto de partida dun plan cuxa intención é apoiar o profesorado e as familias na súa tarefa educativa con proxectos de prevención liderados por profesionais do sector ao longo do curso escolar que pretende ter carácter perentorio e instalarse nas aulas de xeito transversal porque somos conscientes de que se precisa un traballo continuo de prevención no ámbito escolar.
A proposta “Non te Consumas 2018” é traballar cunha franxa de idade en concreto (2º da ESO) e instaurar unha formación de prevención que recibirá o alumnado nese curso.
As sesións serán grupais utilizando o espazo de educación para a cidadanía. Gustaríanos desenvolver 3 sesións (marzo, abril, maio) para enfocar o problema dende o punto de vista sanitario, legal e sociofamiliar. O centro elixirá as datas e o día da intervención ofrecerase o resto do alumnado información e algunha actividade lúdica en espazos comúns de recreo para reforzar a idea de prevención no conxunto dos estudantes.
Ademais crearase un espazo de axuda-orientación-reflexión coas familias para incidir nos bos hábitos dende a casa e ampliar a proxección fóra da aula.
“Non te Consumas” é un programa empírico aberto e flexible que busca novas fórmulas para a efectividade no eido da prevención e pretende ser un recurso útil que dea resposta ás necesidades educativas. Por ese motivo e para garantir a súa correcta execución é imprescindible unha estreita coordinación entre Concello, IES e ANPA (Pais/Nais)
O pasado 20 de marzo comezaron as sesións da actividade-coloquio “Non paga a pena” para concienciar, dun xeito cercano e impactante ós adolescentes, do risco do consumo de drogas e a súas consecuencias no ámbito persoal, sociofamiliar, sanitario e legal.
O programa contén unha serie de coloquios dirixidos por persoas directamente relacionadas, sabedoras e coñecedoras do mundo das drogas, que nun ambiente informal relatarán a súa experiencia e propiciarán o dialogo có alumnado. Contén testemuñas reais de persoas con dependencias que rehabilitáronse en Proxecto Home.
A segunda sesión de “Non paga a pena”, que foi o pasado martes 24 de abril, impartiuna a Doutora Montserrat Cabaleiro que lles explicou aos alumnos como afecta o consumo de drogas ó organismo, que consecuencias ten a medio-longo prazo, mitos e lendas sobre as drogas, etc.
O martes 15 de Maio a terceira sesión de “Non paga a pena” correrá a cargo da Policía Local de Mos que explicará o custe legal/penal da tenencia/posesión/consumo de drogas. Aportarán a súa experiencia policial con xóvenes consumidores e explicarán a diferencia entre drogas legais/ilegais, responsabilidade legal penal do consumo de drogas, que facer en caso de conflitos, embriaguez, etc… a función dos corpos de seguridade ante as drogas, etc.
Por último chegará a parte do Programa “Non te Consumas” dirixida a pais e nais da mocidade mosense enmarcada ma actividade “Busca Solucións”. Os pais, nais e titores dos alumnos poderán beneficiarse deste proxecto en dúas sesións que abordarán temáticas que preocupan enormemente ás familias: a “Ciberseguridade” e “Adiccións”.
A través dun coloquio-dirixido por profesionais e nun espazo agradable e cercano que favoreza a reflexión e a comunicación, traballaranse as inquedanzas dos proxenitores. Aportando coñecementos e ferramentas que lles permitan afrontar situacións problemáticas na casa.
Haberá unha inscrición previa para os pais/nais. As sesións terán unha duración de 90 minutos, en horario de 19 a 20.30 e desenvolveranse no auditorio Multiusos das Pozas.
As sesións celebraranse o xoves 10 de maio con temática sobre “Ciberseguridade” a cargo dun profesional da Policía Nacional experto no tema (horario de 19 a 20.30 horas) e o xoves 23 de maio con temática sobre “Adiccións” a cargo dun profesional da sanidade experto no tema (horario de 19 a 20.30 horas).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149