Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 02 de Mayo de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Outra mosense na final de “Gana con tu voz”

Mikaela Toledano, de 12 anos de idade e natural da parroquia de Petelos, gañou a proba da categoría Kids no Centro Comercial Gran Vía de Vigo.

[Img #40881]

 

A mosense natural de Petelos, Mikaela Toledano, está a participar no concurso “Gana con tu voz Kids”, no que se erixiu finalista. Mikaela Toledano gañou a proba de “Gana con tu voz Kids” que se celebrou no Centro Comercial Gran Vía de Vigo asegurándose así o pase á final nacional onde loitará por comezar unha carreira musical co reputado productor Tony Ohlsson. Se logra proclamarse gañadora en Madrid terá como premio a grabación dun single, promoción a través de cadea de televisión Telecinco e pase ao concurso televisivo La Voz Kids.

 

A Mikaela a vocación musical venlle por tradición familiar, xa que a súa nai, Mikaela Sánchez, é a líder e fundadora do grupo mosense M3. A súa nai ten tamén unha agrupación musical infantil, Las Pamisuki, onde Mikaela debutou con tan só 6 anos. E á súa curta idade, xa que tan só ten 12 anos, xa leva a metade da súa vida adicada á música. Mikaela Toledano compaxina a súa paixón pola música cos estudos de primeiro curso da ESO no IES de Mos.

 

Ademais asiste a clases de canto coa cubana Diana Tarín (que tamén chegou á final de La Voz) na escola Mundo Sonoro en Navia-Vigo.

 

Toledano nunca antes participara nun concurso musical, e esta primeira participación realizouna proclamándose xa gañadora, o que a convirte nunha xove promesa da canción mosense.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.