Dentro do seu Plan Municipal de Lombos e Pasos de Peóns Elevados
Mos instala 23 reductores de asfalto en 10 viais
O plan comezou a finais de 2017 e no prazo dun ano espérase ter acometido 50 elementos.
![[Img #40882]](upload/img/periodico/img_40882.jpg)
A finais do pasado ano 2017 o Concello de Mos iniciou un plan de lombos reductores de velocidade para os viais máis transitados do municipio. O devandito plan comezou xa a súa segunda fase en 10 camiños e estradas mosenses nas que se instalarán un total de 23 elementos reductores (lombos e pasos de peóns elevados) de velocidade para mellorar a seguridade viaria.
O concelleiro de Vías e Obras, Luis Alonso, informou de que o Concello iniciou a seguda fase do plan e declarou que “deste xeito preténdese incrementar a seguridade viaria tanto para os veciños e veciñas das zonas beneficiarias desta medida, como para os viandantes e conductores que transiten polas mesmas”.
Continúase así co compromiso do goberno local de manter en óptimas condicións as estradas e camiños do Concello en aras de preservar a seguridade de condutores e peóns.
O criterio seguido para a ubicación dos lombos e os pasos elevados desta segunda fase do plan foi "priorizar as zonas nas que os vehículos alcanzan velocidades elevadas a pesar de ser lugares con vivendas, colexios ou centros sociais e culturais próximos, as zonas nas que existe concentración de nenos ou adultos por acudir a colexios e centros nos que se imparten actividades para eles e as zonas recentemente urbanizadas e que, dadas as súas características, incitan a recorrelas a gran velocidade" explican dende o Concello de Mos.
Deste xeito no entorno do Multiusos das Pozas e o Colexio das Escravas da Virxe Dolorosa na parroquia de Petelos dispuxéronse dous lombos na estrada das Pozas e un paso de peóns no Camiño das Barxas.
Na Estrada Alto de Barreiro – Santiaguiño, na parroquia de Torroso instalaranse 3 lombos. No Camiño do Castro na parroquia de Mos instaláronse outros 3 lombos. No entorno do Campo de Fútbol das Baloutas, parroquia de Petelos, 1 lombo e 1 paso de peóns elevado. No entorno do torreiro de Santa Ana de Veigadaña acometéronse 2 lombos (un no Camiño de Santa Ana e outro no Camiño das Lagoas). Na Rúa Rans, parroquia de Tameiga, colocaranse 2 pasos de peóns elevados. No entorno da Igrexa de Pereiras 3 lombos. Na Estrada da Vía, parroquia de Tameiga, 1 lombo e 1 paso de peóns elevado. No Camiño das Barxas, Cerdedelo, parroquia de Torroso 2 lombos. E na Estrada a Tui en Herville, parroquia de Cela, 1 lombo.
O Concello de Mos investirá en mellorar a seguridade viaria nestes 10 viais un total de 56.703,99 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149