Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 04 de Mayo de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Educación ambiental para escolares no Sendeiro do Louro

Preténdese concienciar á poboación máis nova de Mos sobre a problemática que está a sufrir o medio natural.

[Img #40885]

 

A concellería de Educación do Concello de Mos que dirixe o edil Camilo Augusto organiza un ano máis a actividade polo Sendeiro Ecolóxico do Río Louro dirixida ao alumnado mosense, incluída na programación dentro do horario lectivo organizada por este departamento municipal. O principal obxectivo desta actividade é fomentar o coñecemento dos recursos naturais que hai na localidade mosense.

 

Mediante unha educación ambiental, preténdese concienciar á poboación máis nova de Mos sobre a problemática que está a sufrir o medio natural, tanto a nivel xeral (mundial) como específico (medio onde vivimos), debido á intervención negativa que fai o ser humano nos distintos ecosistemas.

 

Durante os pasados días 23 e 25 de abril realizaron este percorrido didáctico polo sendeiro do río Louro os/as estudantes de 2º e 3º da ESO do IES de Mos. Un total de 122 rapaces e rapazas. A partir de hoxe venres 4 de maio levarán a cabo esta actividade os/as alumnos/as de 5º e 6º cursos de Educación Primaria dos distintos Colexios do Concello de Mos.

 

Os participantes neste percorrido coñecerán de preto os distintos elementos que forman a fauna e a flora deste hábitat. Deste xeito quérese fomentar hábitos de coidado da natureza, espertar a curiosidade e interese pola natureza e dar a coñecer os recursos naturais da zona, neste caso o sendeiro do río Louro.       

 

O percorrido polo Paseo do Río Louro ten unha duración de hora e media aproximadamente e conta co acompañamento dun guía que vai explicando os distintos elementos naturais. O alumnado e o profesorado poden coñecer así as distintas especies que abondan polo río. Como apoio, cóntase cunhas guías onde aparecen as distintas especies da zona e ás que se refire o guía durante o sendeirismo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.