TUI
Tui acollerá en maio e xuño un curso de Monitor de Fútbol Sala da Federación Galega de Fútbol
A actividade formativa foi presentada o luns na sala de concelleiros do Concello de Tui.
![[Img #40897]](upload/img/periodico/img_40897.jpg)
Tui será o lugar onde se celebrará durante os meses de maio e xuño o curso de Monitor de Fútbol Sala organizado pola Federación Galega de Fútbol, unha actividade formativa que conta coa colaboración do Concello de Tui a través da concellería de Deportes e dos clubs deportivos de fútbol sala da cidade, A Quinta de Tui FS e o Club Deportivo Tui FS.
O curso foi presentado o luns pola tarde na sala de concelleiros do Concello de Tui nun acto no que participaron Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui, e Andrés Urseira, concelleiro de Deportes, acompañados de Fernando Iglesias, directivo da Federación Galega de Fútbol, e Manuel Mosquera, director da Escola Galega de Adestradores da mesma, así como Roberto Carlos Vila e Juan Novás, presidentes do Club A Quinta de Tui FS e do Club Deportivo Tui FS.
O alcalde, Carlos Vázquez Padín, aproveitou a ocasión para darlle a benvida aos representantes da Federación Galega de Fútbol e para felicitar aos responsables do traballo previo á celebración da formación. Pola súa parte, Andrés Urseira, concelleiro de Deportes, quixo destacar o contido do curso, poñendo o acento nos aspectos relacionados coa formación en valores.
Fernando Iglesias, directivo da Federación Galega de Fútbol, tamén agradeceu a todos os colaboradores que facilitaron a organización deste curso, sobre o que destacou a formación da man de profesionales cualificados. Manuel Mosquera, director da Escola Galega de Adestradores, encargouse de explicar en que consistirá o curso, cunha clara finalidade de actualizar aos monitores de fútbol sala cunha titulación antiga amais de formar a novos profesionais nun xeito actual de entender a función do adestrador.
Este curso habilita aos participantes como monitores de fútbol sala até a terceira división e pode realizarse a partir dos 16 anos, co requisito de contar co título de Educación Secundaria Obrigatoria ou rematando o último curso.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149