OPINIÓN
A Bandeira Que Nos Une
Nos últimos anos estase procedendo de xeito sistemático á criminalización do uso de simboloxía galega nos recintos deportivos. Son reiterados os casos nos que se procede, por parte da Policía ou dos servizos de seguridade, a requisar bufandas, bandeiras e outro material coa bandeira galega ou a estreleira esteblecendo unha censura de feito ao uso da nosa simboloxía nacional. O pretexto é cumprir o establecido na Lei 19/2007 contra a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte que no seu Artigo 6.b (“Condicións de acceso ao recinto”) prohibe “introducir, exhibir ou elaborar faixas, bandeiras e outras enseñas que inciten á violencia ou en cuxa virtude unha persoa ou grupo delas sexa ameazada, insultada ou vexada por razón da súa orixe racial ou étnica, a súa relixión ou conviccións, a súa discapacidade, idade, sexo ou a orientación sexual”.
É evidente que os nosos símbolos nacionais nin incitan a violencia, nin constitúen ningunha expresión de racismo, xenofobia ou intolerancia. O que si é unha mostra de racismo, intolerancia e xenofobia, por parte do Goberno español, é conculcar dereitos básicos como a liberdade de expresión para impedir e reprimir a manifestación de sentimentos pacíficos e lexítimos, criminalizando o uso de distintivos de afirmación da identidade galega ou de calquer sentimento de pertenza nacional distinto do español. O espectáculo indignante e bochornoso da final de Copa, co requisamento masivo de senyeras ou de prendas amarelas é un novo exemplo desta política represiva e antidemocrática.
Via Galega- Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza expresa a súa máis firme condena destes feitos e fai un chamento aos siareiros e siareiras galegas para que acodan masivamente o vindeiro sábado a Balaídos lucindo os nosos símbolos nacionais.
Sexamos celtistas ou deportivistas, sentímonos ante todo galegos e galegas. Fagamos do noso Derby unha festa de irmandade e de defensa e afirmación da nosa bandeira nacional.
Porque é a bandeira que nos une.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217