O PORRIÑO
A Biblioteca Municipal do Porriño unha das catro mellores bibliotecas públicas de Galicia
Segundo os datos proporcionados pola Xunta
![[Img #40927]](upload/img/periodico/img_40927.jpg)
A Biblioteca Municipal do Porriño, que depende directamente da Alcaldía, é segundo os datos proporcionados pola Xunta, unha das 4 mellores bibliotecas públicas de Galicia.
Na actualidade, dacordo cos devanditos datos, a Biblioteca Municipal do Porriño é a primeira biblioteca galega en número de préstamos por habitante, superando un crecemento do 1.000% nos últimos 11 anos, un aumento que, dacordo coas estatísticas do primeiro trimestre deste 2018, indican que o número de préstamos aumentou un 30% en relación co mesmo período do ano pasado.
Hoxe a Biblioteca Municipal ten preto de 6.100 usuarios, está recoñecida pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) coma unha das 350 mellores bibliotecas do Estado, recibindo esta distinción ata en 13 ocasións entre os anos 2002 e 2017 e, entre outros recoñecementos conta con Premio Mes de Abril da Xunta de Galicia, Mención Especial do Premio María Moliner de Animación á Lectura, do Ministerio de Cultura ou o 1º Premio Nacional de Animación á Lectura.
En febreiro de 2017 a Consellería de Cultura elixiu á Biblioteca do Porriño para integrarse na renovada Rede de Bibliotecas de Galicia baseada na plataforma de software de código aberto Koha; un ano antes puxo en marcha un programa de actividades, que seguiu en 2017 e2018, no que participaron varios centos de persoas.
As devanditas actividades abranguen obradoiros de alfabetización dixital para persoas maiores, clubs de lectura, grupos de conversa en alemán e inglés con profesores titulados, obradoiros de fotografía dixital con profesionais, de escritura creativa, roteiros, cursos de cociña ou documentais.
Ese 2018, a Biblioteca ten en marcha o programa ‘Bibliocultura’, que supón a realización dunha obra de teatro infantil ao mes coa finalidade de animar á lectura e achegar as artes escénicas á poboación infantil: trátase de 9 actuacións de 9 compañías de teatros e monicreques de Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149