TUI
O fotógrafo porriñés Alberto Pereiro Lueiro “Holly” inaugura a mostra “Falan de min, falan de ti”
Coa exposición o autor busca reivindicar o respecto polas persoas que traballan nas rúas en diferentes profesións.
Onte sábado, 5 de maio, ás 18.30h na sala de exposicións municipal na Área Panorámica o fotógrafo porriñés, Alberto Pereiro Lueiro “Holly” inauguraba a mostra fotográfica baixo o título de “Falan de min, falan de ti”. Logo de expor a súa obra por vez primeira en Cangas e na Guarda, con gran acollida agora Holly achega os seus traballos até Tui, onde se poderán visitar de luns a venres de 10 a 13 h e de 17 a 20 h, e os sábados de 10 a 13 h até o 21 de maio.
Baixo o título de “Falan de min, falan de ti” preséntase unha reportaxe fotográfica-documental que, a través do personaxe Pepe Kórdoba "Niño", trata de reivindicar o respecto a todas aquelas persoas que traballan dignamente nas rúas en diferentes actividades e profesións. A súa intención non é outra que o espectador conecte e se mergulle nese mundo das sensibilidades e sentimentos, que son comúns a todas as persoas. O traballo, ademais de seren unha homenaxe, pretende provocar unha mirada reflexiva e profundar nos xeitos que temos de ver todo o que nos parece distinto á nosa forma de vida; ter unha visión aberta e construtiva dun mundo onde a nosa ollada non sexa incriminatoria e marxinal por costume,…

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149