Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 06 de Mayo de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Xunta e Goberno Portugués colaboran na solta de 6.000 esguíns de salmón no Miño

A iniciativa enmárcase no programa Migramiño co que ambas administracións buscan mellorar a conservación do salmón atlántico no tramo internacional do río.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Instituto de Conservação da Natureza e das Florestas (ICNF) soltaron esta semana 6.000 exemplares de xuvenís de salmón no tramo internacional do Miño co obxectivo de mellorar o estado de conservación do salmón atlántico no río. Esta nova acción entre a Xunta e o Goberno portugués forma parte do proxecto de cooperación transfronteiriza Migramiño, liderado pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural e que busca a protección e conservación de peixes migradores no tramo internacional do Miño e nos seus afluentes.

 

A solta de salmóns realizada encádrase nunha das actividades deste proxecto, concretamente na de reforzo e mellora das poboacións de peixes migradores. Debido á seca que afectou a Galicia este outono non se puideron facer soltas nos afluentes de ambas marxes, polo que Patrimonio Natural e o ICNF decidiron aprazar as soltas ata a primavera e soltar os xuvenís na fase de esguín, xusto antes da súa migración cara ao mar.

 

A solta dos 6.000 esguíns realizouse desde a Comandancia Naval de Tui e durante o proceso, os técnicos galegos e portugueses contaron coa colaboración das armadas portuguesa e española.

 

Programa de recuperación desde a década dos 90
O río Miño representa na actualidade o límite da distribución sur do salmón atlántico en Europa. Desde finais dos anos 90 ata hoxe, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén desenvolvendo un programa de recuperación do salmón atlántico nos ríos galegos, entre os que se atopa o Miño.

 

 

 

 

Técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Natural e do Instituto de Conservação da Natureza e das Florestas soltaron os exemplares desde a Comandancia Naval de Tui, en colaboración coas armadas de España e Portugal

 

 

 

 

Estas actuacións céntranse na mellora da accesibilidade, o control da pesca e a mellora das poboacións mediante a introdución de reprodutores autóctonos. Nestes momentos o río Tea, principal afluente do Baixo Miño na marxe galega, e o río Mouro, que é o afluente da marxe portuguesa, representan as únicas zonas de reprodución e cría natural do salmón atlántico na bacía do río Miño, xunto a algunhas áreas do curso principal.

 

Recentemente comezou a funcionar unha estación de captura na presa de Frieira, que é a primeira barreira infranqueable do curso principal do Miño. Desde entón, captúranse xuvenís de anguía e reprodutores de salmón para trasladalos á piscifactoría de Carballedo para a súa reprodución artificial e a cría da súa descendencia. Deste xeito formouse un stock de salmóns procedentes na súa orixe do Miño para o reforzo das poboacións neste río.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.