Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 10 de Mayo de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra destina 600.000 € para adaptar nove puntos limpos no marco do ESTRAEE

Este proxecto europeo, cun investimento de máis de 2 millóns de €, busca mellorar a xestión transfronteiriza dos residuos dos aparellos electrónicos e eléctricos.

[Img #40974]

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou a concesión de axudas por valor de 618.000 € con destino á adaptación de nove puntos limpos da provincia de Pontevedra no marco das actividades do proxecto ESTRAEE, que ten por obxectivo mellorar a xestión transfronteiriza dos residuos que xeran os aparellos eléctricos e electrónicos mediante o fomento de tecnoloxías innovadoras para a protección ambiental e a eficiencia dos recursos.

 

Carmela Silva sinalou que beneficiaranse destas achegas A Guarda, A Lama, Gondomar, Meaño, Nigrán, Ponteareas, Silleda, Vilagarcía de Arousa e a Mancomunidade de concellos do Morrazo.

 

ESTRAEE é un proxecto que conta cun orzamento superior aos 2 millóns de euros, o 75% pertencentes a fondos da Unión Europea, que busca dar un salto cualitativo na xestión ambiental e na adaptación á estratexia europea 2020 no ámbito da protección dos recursos naturais e eficiencia na xestión dos residuos. A Deputación de Pontevedra é a socia líder deste proxecto no que participan outras catro entidades españolas e dúas portuguesas, considerando que os residuos dos aparellos eléctricos e electrónicos supoñen un verdadeiro problema debido ao seu importante contido en metais pesados e substancias tóxicas que, sen un tratamento especial, liberan ao medio ambiente.

 

Ademais da adaptación destes 9 puntos limpos, a Deputación de Pontevedra no marco do ESTRAEE redactará ordenanzas municipais comúns sobre a pre-recollida, recollida, preparación para a reutilización e reciclaxe dos RAEE (residuos de aparellos eléctricos e electrónicos) de orixe doméstica; realizará unha análise do ciclo de vida, comparando a reciclaxe e reutilización de diferentes tipoloxías de RAEE para cuantificar os parámetros de sustentabilidade do proceso de reutilización fronte ao de reciclaxe (froito da cal se definirá un manual de proceso de reutilización dos residuos); e creará unha bolsa de recursos e materiais primas secundarias, potenciando a saída destes produtos de xeito áxil e ordenado. Ademais, levaranse a cabo actividades de divulgación, motivación social e implicación de produtores e fabricantes na estratexia para dar a coñecer a necesidade e utilidade deste proxecto.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.