Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 07 de Mayo de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Aberto desde hoxe o prazo de inscrición para vivir a experiencia do marisqueo nas Rías Baixas

As últimas Rutas de Marisqueo nas Rías Baixas, nas que se dará a coñecer de primeira man o oficio do marisqueo a pé, terán lugar os días 19 e 20 de maio en Carril.

[Img #41002]

 

A fin de semana do 19 e 20 de maio terán lugar a as dúas últimas rutas gratuítas para descubrir o “Marisqueo nas Rías Baixas” que organiza a Deputación de Pontevedra en Carril (Vilagarcía de Arousa). As persoas interesadas en participar nesta actividade de turismo sustentable poderán formalizar desde hoxe a súa inscrición a través do correo electrónico medioambiente@depo.es. As prazas, limitadas a 25 persoas por día, cubriranse atendendo á orde de inscrición na actividade.

 

Estas novidosas rutas da Deputación están deseñadas para achegar a experiencia do marisqueo a pé á poboación da provincia, ofréndolles unha actividade na que poderán levar a cabo un obradoiro práctico nas augas da ría, co apoio das mariscadoras de AmarCarril, e na que recibirán formación sobre este oficio e a súa historia. Tanto o sábado como o domingo, o punto de encontro para o inicio das rutas será o miradoiro Alto da Rosa (PO-548) 102 do Carril, en Vilagarcía de Arousa, ás 10.00 horas. As persoas que teñan confirmada a súa asistencia á actividade deberán traer unicamente calzado axeitado para a parte do obradoiro que se desenvolva na auga (o resto do material será facilitado pola organización).

 

Con esta experiencia búscase transmitir a historia do marisqueo galego ás novas xeracións e inculcar na sociedade un crecente respecto e consideración pola profesión, como garantía para concienciar sobre os problemas que afectan o marisqueo a pé en Galicia: a consideración social, a substitución xeracional, o furtivismo e a contaminación. Estas rutas “Marisqueo nas Rías Baixas” combinan a vertente turística coa ambiental, sensibilizando deste xeito á poboación local sobre a conservación e posta en valor dos nosos activos turísticos e das nosas rías como un recurso cun enorme potencial, que debe ser optimizado de xeito sustentable.

 

As primeiras rutas, celebradas a última fin de semana de abril, foron todo un éxito, cunha elevada afluencia de asistentes que puideron coñecer o traballo das mariscadoras de Carril e entender o valor desta profesión para a economía da provincia de Pontevedra.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.