Lunes, 13 de Octubre de 2025

Xornal21
Miércoles, 09 de Mayo de 2018 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Akka Eaasadaoui arrasa unha vez máis na VI Corre X Salceda

[Img #41010]

 

O pasado domingo 6 de maio Salceda de Caselas acolleu a VI edición da carreira popular que cada ano percorre o municipio, organizada pola Concellaría de Deportes en colaboración coas Escolas Deportivas. Un ano máis o evento foi un éxito, contribuíndo á consolidación do mesmo entre as probas destacadas da provincia.
Baixo o nome “Corre X Salceda”, as/os participantes percorreron os espazos naturais de Salceda, así como os diferentes tramos de sendas polos Ríos Caselas e Landres, nun percorrido que foi calificado como “fermoso” ou “interesante” por moitos/as dos/das atletas participantes.


Para a categoría absoluta, con saída ás 10:30, os/as participantes podían elexir entre facer 5 ou 10 km. Os/as nacidos/as entre 2003 e 2005 fixeron un circuito de 2.500 metros, 1.000 metros para os/as nacidos/as entre 2.006 e 2.008, 500 metros para os/as nacidos/as entre 2.009 e 2.011,  150 metros para a categoría “Pitufos A”, que englobou aos nenos e nenas nacidos entre 2.012 e 2.014, e 100 metros para os “Pitufos B”, nacidos en 2.015 e 2.016 . Todas as categorías realizaron a súa saída dende a Praza do Concello. Ademáis, no caso das categorías inferiores, todas elas contaban con un percorrido accesible para persoas con mobilidade reducida.


A proba contou ademáis con unha vertente solidaria, xa que as categorías inferiores tiñan como requisito de participación a aportación de alimentos non perecedeiros para o Programa Municipal de Alimentos, recaudándose máis de 300 kilos que sen dúbida servirán de axuda a moitas familias que non están a pasar o seu mellor momento.


Máis de 50 persoas voluntarias garantiron o correcto desenrolo da proba baixo a dirección da Policía Local, encargándose da loxística, control de cruces, avituallamento, entrega de dorsais, etc. Así mesmo, o Concello contou tamén coa colaboración de diversos clubes da localidade, con Protección Civil e coa Garda Civil.

 

PODIUM


CATEGORÍA 10K
Xeral feminina: Yolanda Campos Rivas (00:43:48) Marga Villaverde Rosales (00:46:07) Uxía Fernández García (00:46:19)
Xeral masculina: Akka Eaasadaoui (00:33:40) Manuel José Basteiro Bessada (00:34:24) José Alberto Bastos Dasilva (00:35:03)
Xuvenil feminina: Andrea Pérez Fernández
Xuvenil masculina: Javier Besada Pérez
Senior feminino: Jahenett Amil Pérez, Lucía Romero Ons, Irene Táboas Carrera
Senior masculino: Ismael Táboas Carrera, Jesús Rodríguez Roa,  Alejandro Otero Ramírez
Veterana A feminino: Nuria Pérez Lorenzo, Celia Marques, Beatriz Castiñeira Lores
Veterano A masculino: José Antonio Álvarez Otero, Manuel Prieto de la Iglesia, Marcos Groba Bargiela
Veterana B feminino: María Elena Estévez Freire, Montserrat Silva Fernández, Verónica Pampillón Seijo
Veterano B masculino: Ernesto Plaza Sixto, José Luis Mujeriego Gómez, José Ramón Alonso Fernández
Veterano C masculino: Manuel Suárez Martínez, Guillermo José Vicente Álvarez, Federico Amando García Costas
Veterana D masculino: Manuel Míllara Blanco

 

CATEGORÍA 5 K
Xeral feminina: Belén Freijeiro Fernández, María Teresa Sordo García, Ana Álvarez Martínez
Xeral masculina: Juan Carlos Sande Presa, Antón Amoedo Giménez, Manuel Ulla Rega

 

CATEGORÍAS DE MENORES
A feminino: María Baqueiro Leyenda    Ainhoa Bernárdez Rodríguez    Lucía Ramírez Fernández
A masculino:  César Carballo Otero     Pablo Almeida Seoane    Samuel Lemos López
B feminino: Andrea Lorenzo Urgal     Enma Fernández Cendón    Laura Ramírez Fernández
B Masculino:  Martín Martínez Corbera     Hugo Ferreira Rodríguez    Pablo González Rey
C feminino:   Noa Martínez Fernández    Elisa Núñez Martínez    Mara González Carrera
C Masculino:    Mateo García Troncoso    Xabier Bautista Estévez    Roque Álvarez Sierra

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.