SALVATERRA DE MIÑO
A Xunta está a pagar máis de un millón de euros a propietarios de terreos expropiados da PLISAN
Os pagamentos, con cargo aos tres organismos promotores da PLISAN, fanse efectivos ata o día 10 de maio no Concello das Neves e afectan a un total de 444 fincas.
Ata o próximo día 10 de maio estase a proceder ao abono de máis dun millón de euros a propietarios dos terreos expropiados para a execución das obras da Plataforma Loxística Industrial de Salvaterra -As Neves (Plisan).
Os pagamentos fanse efectivos os días 8, 9 e 10 de maio no Concello das Neves e afectan a un total de 444 fincas. Con estes pagos rematan os correspondentes a sentenzas e resolucións do Xurado de Expropiación de Galicia, salvo os bens afectados pola retroacción do expediente.
O desenvolvemento da PLISAN continúa grazas ao traballo das tres administracións promotoras (Xunta de Galicia, Consorcio da Zona Franca e Autoridade Portuaria de Vigo) que xa remataron as obras da primeira fase dos servizos xerais.
As obras da depuradora xa foron adxudicadas e as da potabilizadora e da urbanización interior da zona LE están en proceso de contratación
Ademais, a redacción do proxecto e execución da obra da estación depuradora de augas residuais está xa en marcha, a través dun contrato de máis de 3 millóns de euros que ademais da redacción do proxecto inclúe a construción da depuradora, colector, posta en marcha e explotación durante os tres primeiros anos.
Por outra parte, o Consorcio da Zona Franca de Vigo licitou en decembro pasado a urbanización interior da zona loxístico-empresarial, por importe de 10,13 millóns de euros e a construción da estación de tratamento de auga potable (ETAP) foi licitada polo Goberno galego o 10 de xaneiro de 2018, por importe de máis de 6 millóns de euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22