Galicia
Un novo decreto completará o proceso de simplificación nas cortas de madeira
Feijóo sinala que coa dita norma brindaranse maiores facilidades a un sector que é referente a nivel estatal ao tempo que se preservan os valores naturais
![[Img #41033]](upload/img/periodico/img_41033.jpg)
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe, na rolda de prensa do Consello, do inicio da tramitación do decreto que regulará os aproveitamentos forestais, tanto as cortas de madeira e leña, como de cortiza, pastos ou micolóxicos nos montes de xestión privada. Como resultado, abundou, brindaranse maiores facilidades a un sector que é referente a nivel estatal ao tempo que se preservan os valores naturais.
A este respecto, sinalou que a dita norma incorporará toda unha serie de novidades, por unha banda, consolidará a declaración responsable como requisito principal nos seguintes casos: nos aproveitamentos en montes ordenados, das especies que non sexan frondosas e non estean en espazos protexidos, das cortas para uso doméstico, en zonas afectadas por unha expropiación, nas cortas obrigadas pola normativa de defensa contra os incendios ou en casos de praga ou enfermidade.
Así mesmo, outra das novidades é que establecerá claramente os supostos nos que é preciso presentar unha autorización administrativa, estes son: cando os montes estean poboados por frondosas e coníferas autóctonas, cando formen parte de espazos suxeitos a algún réxime de protección, cando estean afectados por algunha lexislación de protección do dominio público, cando se trate de aproveitamentos de madeira queimada susceptible de uso comercial ou os aproveitamentos de corta de sobreiras nos montes de xestión privada non conten cun instrumento de ordenación.
Do mesmo xeito, consolidará a canle telemática coa finalidade de acurtar os tempos de corta de madeira. Así, nos casos de declaración responsable, esta presentarase unha soa vez e, nos casos de necesaria autorización, establecerase un único procedemento administrativo na Consellería do Medio Rural, pasando de seis autorizacións a unha soa. Todo isto, dixo, permitirá acurtar de seis a un máximo de dous meses os prazos para a emisión dunha autorización única.
Tamén se modificará o silencio administrativo que pasará a ser positivo. En definitiva, o obxectivo é que os propietarios destes terreos forestais poidan levar a cabo os aproveitamentos madeireiros nun menor tempo de tramitación, con menos visitas á administración e cun só pagamento ante a Xunta.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170