DEPORTES
O XIII Trofeo Deputación de Pontevedra de Natación Artística, que acollerá Marín o próximo sábado 12 de maio
Máis de 400 nadadores e nadadoras de once clubs galegos competirán durante todo o día na piscina da Escola Naval Militar de Marín.
![[Img #41039]](upload/img/periodico/img_41039.jpg)
A deputada de Deportes, Chelo Besada, presentou esta semana o XIII Trofeo Deputación de Pontevedra de Natación Artística xunto a Susana Rumoroso, presidenta do Club Natación Sincronizada Pontevedra e a directiva Dolores Taboada.
No acto de presentación do acto, Chelo Besada puxo en valor o feito de que “máis de 400 nadadores e nadadoras chegados de todos os recunchos de Galicia encherán de actividade a piscina na Escola Naval Militar de Marín durante unha marabillosa xornada deportiva”.
Así, un total de 407 nadadoras e nadadores de idades comprendidas entre os 6 e os 18 anos participarán o vindeiro sábado 12 de maio nunha nova edición do Trofeo Deputación de Pontevedra de Natación Artística. En concreto, en Marín daranse cita once clubs de toda Galicia: o Acuatic Oleiros, o Aguamarina Sincro, o CN Coruña, o CS Obradoiro, o Sporting Casino-Coruña, o CNS Ourense, o Club Galaico Sincro, o CS Rías Baixas, o CN Portamiñá, o CS Burbullas- A Estrada e o organizador, CNS Pontevedra.
Chelo Besada recalcou que a promoción do deporte, e sobre todo do deporte base, “é unha cuestión prioritaria para a Deputación de Pontevedra por todos os valores que fomenta” e lembrou que a institución provincial leva patrocinando esta competición dende os seus inicios hai 13 anos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58