Miércoles, 21 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 10 de Mayo de 2018 Tiempo de lectura:
O Porriño

A III feira do libro do Porriño abre as súas portas

O secretario xeral de Cultura participou esta tarde no acto de inauguración da feira, que contou coa lectura do pregón de Lois Pérez

A III Feira do Libro do Porriño abriu hoxe as súas portas ao público. Durante os seus catro días de duración celebraranse na céntrica rúa Ramón González máis dunha ducia de actividades relacionadas coa promoción da lectura e o mundo da cultura, pensadas para público de todas as idades. Sinaturas e presentacións de libros, música, recitais, contacontos, obradoiros ou charlas tratan de atraer o interese e a atención dos lectores cara a esta festa, na que están presentes as librarías Copi-Rey, Recondo, Pedreira, Paz e Lafer.

 

“Trátase, á fin, dun amplo programa articulado arredor da animación á lectura e a promoción do libro, que se fai posible grazas á colaboración entre diferentes institucións, a Federación de Librarías, a Xunta de Galicia, a Deputación, o Concello e a Biblioteca Municipal do Porriño”, afirmou  o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, no acto de inauguración da feira, no que estivo acompañado pola presidenta da Federación de Librerías de Galicia, Pilar Rodríguez; o deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, Xosé Leal Fariña, e a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre.

 

Lorenzo amosouse satisfeito desta colaboración que, dixo, permite “ofrecerlles ás nenas e nenos que visitarán estas casetas, cheos de curiosidade, e ao público en xeral, unha selecta mostra da nosa cultura; expoñelos a estímulos que espertarán neles un interese polos libros e a lectura que os acompañará ao longo da súa vida”.

 

O polifacético poeta e narrador Lois Pérez foi o encargado de pronunciar o pregón de apertura desta III Feira do Libro do Porriño, que contou ademais coa actuación do grupo tradicional da Escola Municipal de Música.

 

As Feiras do Libro de Galicia

As Feiras do Libro de Galicia 2018 percorrerán ata o 25 de agosto un total de 16 concellos. Despois do Porriño, a iniciativa cultural trasládase a Lugo, Ourense, Redondela, Ribeira, Vigo, Rianxo, Ponteareas e A Coruña. Viveiro, Foz e Monforte de Lemos completan a programación deseñada pola Federación de Librarías de Galicia. A Consellería de Cultura e Educación colabora con esta iniciativa coa achega, a través da Secretaría Xeral de Cultura, de 120.000 euros para o desenvolvemento desta programación.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.