PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra apraza para o vindeiro martes o acto de inauguración do “novo” Castelo de Soutomaior por mor da chuvia
A institución provincial tiña previsto para este venres ás 19.00 horas a gala de apertura da musealización do Castelo que queda posposta ata o 15 de maio.
A Deputación de Pontevedra decidiu aprazar o acto de inauguración da musealización do castelo de Soutomaior, previsto para este venres ás 19 horas, para o vindeiro martes, 15 de maio, á mesma hora. O motivo deste aprazamento débese á chegada prevista para mañá dunha fronte activa, con chuvia, que dificultaría a posta en marcha da “gala chea de sorpresas” organizada pola institución provincial.
Deste xeito, o goberno provincial, co obxectivo de que se poida desfrutar do programa previsto para inaugurar a musealización do castelo de Soutomaior, tanto no exterior como no interior do recinto, vese na obriga de aprazar o acto para o vindeiro martes ás 19.00 horas. En liñas xerais, a gala de inauguración da musealización porá de manifesto a volta de 180 grados que a Deputación de Pontevedra lle deu ao castelo de Soutomaior.
O aprazamento non afectará a primeira xornada de portas abertas do próximo domingo, entre as 16 e as 19 horas
Pese ao aprazamento da gala, o que si se manteñen son as xornadas de portas abertas gratuítas tanto para este domingo, 13 pola tarde, así como as previstas para o 20, 21, 22, 24 e 25 de maio, coa posibilidade de realizar un percorrido polo castelo a través de visitas libres e guiadas. Para participar nas visitas guiadas, que terán lugar ás 11 e 17 e horas, a partir do 21, será preciso realizar unha inscrición previa a través do correo electrónico castelodesoutomaior@depo.es xa que as prazas están limitadas a 22 persoas por grupo.
A Deputación de Pontevedra investiu na musealización do castelo 700.000 euros “para dotalo de contido, de historia e rigor pero tamén de vangarda, modernidade e novas tecnoloxías, á altura de calquera castelo de Europa ou de todo o mundo”. De feito, o castelo conta xa con materiais explicativos interactivos, incluíndo sete audiovisuais, recreacións en 3D, un videomapping e tres caixas máxicas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149