SALVATERRA DE MIÑO
Decimoterceira convocatoria dos Premios de educación en Salvaterra
Este Concello foi pioneiro en valorar a excelencia académica.
![[Img #41148]](upload/img/periodico/img_41148.jpg)
Segundo a 1ª Tte de Alcalde e Concelleira de Educación, Marta Valcárcel Gómez, os ‘Premios de Educación do Concello de Salvaterra de Miño’ naceron "co ánimo de incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre os xóvenes. Un proxecto máis froito da interacción e colaboración entre os Centros Educativos do Municipio e o Concello, na busca de incentivar, animar e premiar o esforzo dos estudantes, hábitos que marcarán o seu futuro e que os poñerán en valor como persoas e profesionais".
Tomarán parte nesta convocatoria que ven de aprobar a Xunta de Goberno Local o alumnado do Instituto de Educación Secundaria e máis dos tres centros de educación primaria de Salvaterra de Miño, CEIP Infante Felipe, CEIP de Leirado e CEP Carlos Casares, que cumpran os requisitos imprescindibles que sinalan para cada unha das distintas etapas educativas que se establecen nas bases.
Os premios serán entregados a principio do mes de xullo, e, tal e como establece as bases, repartiron 14 lotes informáticos compostos por unha ‘Tablet Samsung Galaxy’, funda, Powebank e tarxeta de memoria de 32 GB, para os nenos e nenas de primaria, ESO e Ciclo de Caldeirería e Soldadura.
Ademais os tres mellores expedientes de 2º de Bacharelato, acadarán as bolsas de estudo que consistirán nunha viaxe a Reino Unido – Worthing (costa sur de Inglaterra) co obxecto de perfeccionar a lingua inglesa. A bolsa inclúe os seguintes servizos: viaxe de ida e volta, aloxamento en familia en pensión completa, curso de inglés xeral de 3 semanas con profesorado nativo, material escolar, certificados, actividades, programa social, excursións, tarxeta de transporte e seguros.
Temos que recordar que o noso Concello foi un dos primeiros e dos poucos que a día de hoxe premian a excelencia académica pondo en valor o esforzo escolar. A posta en marcha desta iniciativa é “premiar” os mellores estudantes foi froito da colaboración e traballo conxunto entre a administración local e os centros educativos do municipio para fomentar o traballo nas aulas e de paso, evitar o fracaso escolar incentivando o esforzo e premiando o traballo e a constancia, ademais da propia actitude do alumnado.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158