MOS
'O Son do Pazo' convoca o segundo Concurso de Relatos Curtos sobre música galega
A participación está aberta a escolares de entre 6 e 12 anos, que poderán depositar os traballos nas caixas instaladas nos colexios, na Biblioteca Municipal e no Pazo de Mos.
A cuarta edición do Festival Intercéltico ‘O Son do Pazo’ celebrarase na contorna do Pazo de Mos o venres 31 de agosto e o sábado 1 de setembro de 2018, pero a programación paralela xa botou a andar coa convocatoria do segundo Concurso de Relatos Curtos sobre a música galega dirixido a rapaces e rapazas de entre 6 e 12 anos. O Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos, entidade organizadora do festival, volverá poñer en marcha o concurso co obxectivo de espertar o interese dos cativos pola cultura e as tradicións de Galicia.
Tralo éxito de participación do ano pasado, no que se recolleron máis de 30 redaccións elaboradas por escolares de Mos e dos concellos limítrofes, a segunda edición do certame contará cun xurado conformado polo profesor e investigador da música galega Xaime Estévez, a compoñente do grupo as Lagharteiras Tamara Costas e o actor e titiriteiro Andrés Giráldez.
O xurado encargado de elixir os gañadores estará conformado, nesta ocasión, por Xaime Estévez, Tamara Costas e Andrés Giráldez
Os participantes poderán depositar as súas redaccións, cunha extensión máxima dunha cara dun folio, nas caixas de correos instaladas nos distintos colexios públicos do concello de Mos, na Biblioteca Municipal e no propio Pazo. Os relatos poden estar escritos tanto a man como a ordenador e deben ser en galego. O gañador levará un set de xogos para o aire libre, o segundo finalista un set de xogos tradicionais e o terceiro clasificado un set de xogos de lóxica.
O Son do Pazo
O Festival Intercéltico ‘O Son do Pazo’, organizado polo Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos, chega este ano á súa cuarta edición co obxectivo de consolidarse como unha cita ineludible para os amantes da música folk en Galicia. Polo escenario do Festival pasaron, dende o ano 2015, algúns dos nomes máis destacados da música galega, como Uxía Senlle, Xosé Manuel Budiño, Son de Seu, Treixadura ou Susana Seivane, entre outros moitos. A comisión organizadora está a traballar na confección do cartel de 2018 e en próximas datas anunciará os primeiros grupos confirmados, entre os que volverán figurar algúns dos artistas máis destacados da escena folk galega actual.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184