Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 13 de Mayo de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Rouban as plantas dos maceteros que adornan Mos e varias pezas dun parque infantil do municipio

[Img #41262]

 

O departamento municipal de parques  e Xardíns solicita a colaboración cidadá para manter os equipamientos urbanos.

 

As plantas ornamentales instaladas nos maceteiros da zona peatonal de “ A Rúa” situada nos arredores do Pazo de Mos, por onde transcorre o tramo do Camiño de Santiago, están sendo "obxecto de continuos roubos por parte de desaprensivos" explican dende o Concello de Mos. 

 

Así o denuncia o concelleiro delegado de Medio Ambiente e Xardíns, Cándido Pérez, quen fai un chamamento á cidadanía para que colabore cuidando os equipamientos urbanos.

 

"Desde o Concello solicitamos a colaboración cidadá para lograr o mantemento dos espazos públicos en boas condicións, sobre todo nesta época que recibimos tantos visitantes e peregrinos. Solicitamos que se contribúa a coidar a imaxe de Mos", manifestou  o concelleiro.

 

Ademais de prexudicar a imaxe do municipio, ao presentarse os maceteros das zonas peatonales baleiros, o traballo de reposición de plantas ten un custo económico para o Concello, non só polo gasto que supón a compra de novas plantas, senón que as empresas e os operarios teñen que volver traballar en áreas polas que xa pasaron, o que resta tempo de traballo no mantemento doutras zonas verdes e camiños municipais.

 

Doutra banda, tamén desapareceron gran parte de losas de caucho do chan do parque de San Eleuterio, situación que sumada á anterior provocou gran indignación tanto no goberno mosense como nos propios veciños que así o declaraban e nos arredores do Pazo de Mos;  “Como poden existir persoas que se dedican a roubar as plantas e a esnaquizar os lugares comúns que son de todos?  É lamentable. Están axardinando Mos e cando embelecen unha zona, a estropean ou rouban, é decepcionante. Son actos vandálicos que repercuten en todos os veciños do municipio, non se pode permitir” 

 

A Alcaldesa, pola súa banda anuncia que se tomarán medidas e reforzarase a seguridade e vixilancia por parte das forzas policiais e de protección civil, en todas as zonas públicas e de mobiliario urbano.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.