CINE - TV
Zenit TV e TVG presentan Contou Rosalía, a primeira película sobre a vida de Rosalía de Castro
A produtora Zenit TV e a Televisión de Galicia deron a coñecer este venres o filme Contou Rosalía. A directora e produtora executiva, Zaza Ceballos, afirmou que a produción rompe coa imaxe triste de Rosalía e amosa a cara máis vital da escritora. A emisión na TVG será o mércores 16 de maio, véspera do Día das Letras Galegas.
![[Img #41267]](upload/img/periodico/img_41267.jpg)
O Consello da Cultura Galega acolleu a presentación da película aos medios, na que, ademais de Zaza Ceballos, interviron Xaime Arias, Director de Proxección Social da CRTVG; Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro; e Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), organismo pertencente á Xunta de Galicia.
Xaime Arias, Director de Proxección Social da CRTVG, subliñou que “dar a coñecer mulleres sobresaíntes na ciencia, na literatura e nas artes é parte do servizo público da Televisión de Galicia”. É a primeira biografía sobre Rosalía de Castro, e “cremos que non era sen tempo”, sentenciou. Ademais da película, recordou que as partes implicadas decidiron producir tamén un documental, co fin de “dar a máxima cobertura sobre a figura de Rosalía”.
Pola súa parte, o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, falou da figura da escritora como “un emblema para Galicia”. O filme está baseado na experiencia que viviu a escritora en Madrid, “onde Rosalía expresa esas tres grandes ideas do seu proxecto ideolóxico e cultural, aplicadas non só á muller, senón a todo humano: independencia, liberdade e igualdade”, salientou.
Jacobo Sutil, presidente da AGADIC, puxo énfase no “bo elenco actoral” e a coidada dirección de arte do filme. O presidente da institución quixo destacar os anos que leva xestándose este traballo, “rodado integramente en Galicia, en versión galega e con equipo galego” e as gañas que ten de que saia á luz.
Zaza Ceballos agradeceu aos representantes das institucións a súa implicación no proxecto. A directora do filme dixo esperar que este filme sexa “o primeiro, non o último, sobre Rosalía”. Ademais, destacou o respecto que o equipo lle ten á figura de Rosalía de Castro e salientou o “traballo marabilloso” que fixeron os actores, en especial Melania Cruz, que foi a elixida para dar vida á protagonista “despois dun casting bastante longo”. “Melania foi a máis achegada á imaxe de Rosalía. Amosou a forza e a debilidade, as dúas facetas xuntas dentro desta muller”. Tamén recalcou o feito de que esta é a cuarta e última produción da serie sobre mulleres galegas salientables, despois das vinculadas a Emilia Pardo Bazán, Juana de Vega e Concepción Arenal.
O filme
Na súa versión de película para televisión de 99 minutos, Contou Rosalía inscríbese dentro da liña comezada por Zenit TV, xunto con Televisión de Galicia e a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC – Xunta de Galicia), de adaptar as biografías de salientables mulleres pioneiras na arte, na ciencia e na filosofía, nunha clara intención cultural e divulgativa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136