TOMIÑO
Un estudo salienta coma fortalezas do comercio tomiñés
Conseguir unha marca identificativa, potenciar os produtos estrela, crear unha Web e App do comercio e hostalaría local, e utilizar máis as redes sociais para captar novos clientes, entre as principais recomendacións.
![[Img #41277]](upload/img/periodico/img_41277.jpg)
Nos últimos anos Tomiño converteuse en centro de referencia facilmente identificable na zona de influencia, coa Praza de Abastos e a Praza do Seixo, coma epicentros do concello.
Este contexto máis atractivo axuda a atraer máis clientela, non só a Praza de Abastos senón que a todo o municipio, favorecendo o comercio e a hostalería local.
A estas conclusións, entre outras, chega o Estudo da Dinamización do Mercado Comercial Aberto de Tomiño, levado a cabo por una consultora, grazas ao apoio económico do Concello de Tomiño. O obxectivo prioritario deste traballo, realizado ao longo de 7 meses, era incentivar aos tomiñeses a consumir no pequeno comercio do pobo e atraer ás visitas doutras localidades. Tamén se pretendía comunicar a acción aos cidadáns e xerar empatía cos comercios da zona, aproveitando os soportes municipais e, algo moi importante, detectar e solucionar as necesidades formativas dos comerciantes e hostaleiros.
Entre as fortalezas atopamos un produto de moi boa calidade e a proximidade dos establecementos; unha atención personalizada e directa, amplo coñecemento do produto; predisposición dos comerciantes para formarse en áreas nas que teñen carencias, e iniciativas para crear unha imaxe corporativa da Marca Tomiño que identifique o comercio local aberto. Tamén son consideradas de forma positiva situacións coma que na actualidade o foco dinamizador é o Mercado Municipal; a colaboración a través de vendas cruzadas e unha maior conciencia de grupo, a raíz da formación e das campañas.
En canto ás principais debilidades do comercio tomiñés, figuran a escaseza de produtos e servicios e a pouca variedade dos mesmos; a “falta de iniciativas para captar un rango de poboación máis nova, e tamén de publicidade, promocións e campañas, e de accións para frear a inercia actual da caída de demandas”.
Outro punto débil, segundo o estudo, é que os locais, na súa maioría non resultan suficientemente atractivos para a xuventude e a existencia de certo desorde que impide visualizar ben os produtos. Tampouco a implicación dos comerciantes parece ser a correcta para conseguir unha marca que os identifique, nin a potenciación dos produtos estrela.
Coma ameazas principais, cítase a “existencia de localidades próximas cunha ampla variedade de produtos e servizos, áreas comerciais e tendas especializadas”. Tamén o crecemento do comercio online e o descenso poboacional na comarca. Outro factor que xoga en contra do comercio local é a falta de transporte público que achegue aos clientes de distintas parroquias a Goián e Tomiño, núcleos urbanos máis importantes do municipio.
Por último, no capítulo de oportunidades, salientan a boa predisposición por parte do Concello para impulsar a Marca Tomiño co fin de emprender accións conxuntas, e o poder de involucrar na dinamización comercial as Administracións Públicas, locais e autonómicas. Outras recomendacións moi importantes para mellorar son a creación dunha Web e App do comercio e hostalaría de Tomiño; sinais indicativas dos sectores ou establecementos nas estradas de acceso a Tomiño; encontros de empresarios (networking) e utilización das redes sociais para captar novos clientes.
Por todas estas razóns, os asesores recomendan seguir potenciando os puntos clave (atención ao cliente, produto, proximidade e horarios), ter en conta o “hándicap para atraer un público máis novo; implantar estratexias conxuntas e solucionar as carencias formativas en informática, márketing dixital, comercio electrónico, redes sociais, visual merchandising, preparación de escaparates e paquetería, xestión de pemes e idiomas.
Logo da fase de diagnóstico, realizáronse varios cursos dirixidos a axudar a paliar as carencias detectadas.
O Concello e a Asociación de Comerciantes (ADETO) tentarán en breve, segundo explica o concelleiro de Promoción Económica, Antonio Tartaglione, seguir coa organización de accións orientadas a mellorar o Mercado Comercial Aberto e facer del, un sector competitivo na comarca e arredores.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21