PROVINCIA
Arranca o programa da Deputación de Pontevedra “En Ruta coa Depo”
Este ano o goberno da Carmela Silva incrementou o orzamento do programa en 100.000 euros para as 32 rutas que se poñen a disposición de preto de 20.000 veciñas e veciños da provincia.
![[Img #41284]](upload/img/periodico/img_41284.jpg)
O programa “En Ruta coa Depo” comeza a andadura deste ano o vindeiro domingo 13 de maio. Esta iniciativa da Deputación de Pontevedra, na que participarán ao longo do 2018 preto de 20.000 veciñas e veciños da provincia, conta cun orzamento de 360.000 €, cen mil máis que o ano anterior, para que a cidadanía coñeza a través de 32 rutas diferentes lugares da provincia de Pontevedra.
A primeira xornada do programa “En Ruta coa Depo” arranca cun grupo de 110 persoas da Asociación de Amas de Casa e Consumo “Agarimo” de Vigo. Máis polo miúdo, as persoas integrantes desta asociación realizarán a ruta marítima pola ría de Arousa, percorrendo a Illa da Toxa, realizando un paseo en barco pola ría con degustación de produtos típicos, e descubrindo lugares do Grove como o Museo da Salga ou o xacemento da Lanzada en Sanxenxo. O percorrido realizarase con acompañamento dun ou dunha guía coa habilitación de guía de turismo especializado de Galicia e inclúe xantar e transporte.
A primeira saída terá lugar o domingo e nela participa un grupo de 110 persoas da Asociación de Amas de Casa e Consumo “Agarimo” de Vigo que realizarán a ruta marítima pola ría de Arousa
“En Ruta coa Depo” ten por obxectivo mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia , promovendo a igualdade de oportunidades para os colectivos con diversidade funcional, que antes non podían participar, así como ofrecer alternativas de ocio e tempo de lecer á poboación xuvenil da nosa provincia e promocionar rutas destinadas ás entidades de nais e pais que fomenten a convivencia e o intercambio de experiencias nas que participen activamente os nenos e nenas. O contido do programa consiste en pasar un día de convivencia pola provincia, mediante acompañamento dun guía que conte coa habilitación de guía de turismo especializado de Galicia e inclúe xantar e trasporte.
No 2017 participaron na iniciativa “En Ruta coa Depo” 17.501 persoas pertencentes a 410 entidades da provincia. Para este 2018 foron adxudicadas en total 19.814 prazas, 2.313 máis que o ano anterior.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149