PROVINCIA
A Deputación 60.000 euros a crear espazos interxeracionais a través dunha nova edición de “Tecendo Lazos”
O programa, dirixido a persoas de entre 6 e 99 anos, promove estratexias para o encontro, a sensibilización e o intercambio de aprendizaxes e valores entre xeracións.
![[Img #41287]](upload/img/periodico/img_41287.jpg)
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases reguladoras dunha nova edición do programa “Tecendo lazos”, ao que destina 60.000 euros. A presidenta provincial, Carmela Silva, puxo en valor esta iniciativa dirixida a persoas con idades comprendidas entre os 6 e 99 anos que ten por obxectivos crear espazos de encontro entre as distintas xeracións familiares, sensibilizar e intercambiar aprendizaxes, recursos, ideas e valores.
A Deputación de Pontevedra, a través do programa “Tecendo Lazos”, vai desenvolver “52 obradoiros interxeracionais no ámbito do lecer e o tempo libre a través dos cales se pretende poñer en marcha espazos para o encontro que permitan a construción de sociedades máis xustas, integradas e solidarias”, afirmou Silva. Máis polo miúdo, os obradoiros, dirixidos a un máximo de 30 persoas, terán unha duración de 16 horas e se axustarán ás áreas temáticas de “Risas en familia”, “Xogos e xoguetes tradicionais: xogando en familia”, “O noso son: bailes e cancións de agora e de sempre” e “Faino ti mesmo”.
Os obradoiros incluirán o módulo “A historia do meu municipio” para que nen@s e maiores en familia recompilen historias, lendas, contos ou fotografías do seu concello
Todos os obradoiros de “Tecendo lazos” inclúen tamén o módulo “A historia do meu municipio”. A través deste módulo “pretendemos que as familias que participen no programa recompilen historias, lendas, contos ou fotografías dos concellos que se adhiran a “Tecendo lazos”, asegurou a presidenta da Deputación. En concreto, “A historia do meu municipio” pretende promover a transmisión de coñecementos entre as persoas de distintas xeracións, dando a coñecer as tradicións ou os novos relatos de cada un dos municipios a través das achegas do alumnado participante a través dun proxecto que concorrerá a un concurso.
O programa “Tecendo lazos” está aberto aos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes. Para participar no programa, os concellos interesados deberán cubrir o modelo de acordo de adhesión, nun prazo de 20 días naturais desde a publicación do extracto das bases no BOPPO, que estará dispoñible no rexistro da Deputación e na páxina web www.depo.es.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149