GALICIA
Preto de 25.000 persoas participaron nas actividades da Escola Galega de Saúde para Cidadáns dende a súa creación
O propósito deste organismo é mellorar a alfabetización en saúde dos cidadáns para ter a habilidade de obter, procesar, comprender e aplicar a información sobre saúde e deste xeito, tomar as decisións máis apropiadas.
A Escola Galega de Saúde para Cidadáns do Sergas naceu en novembro de 2009 como unha rede de xestión do coñecemento entre profesionais, pacientes, cidadáns, xestores sanitarios e expertos en procesos de saúde e de enfermidade. Dende entón e ata decembro do ano pasado, leváronse a cabo 1.247 obradoiros formativos, nos que participaron 24.970 persoas tanto de xeito presencial como online.
O seu propósito é mellorar a alfabetización en saúde dos cidadáns para que teñan habilidade de obter, procesar, comprender e aplicar a información sobre saúde e deste xeito, tomar as decisións máis apropiadas.
Os obradoiros, realizados a petición de asociacións de pacientes, servizos sociais e agrupacións de toda a comunidade, estiveron impartidos por 2.201 expertos e os destinatarios foron pacientes e os seus familiares, coidadores e cidadáns en xeral. Entre as áreas tratadas, abarcáronse temas como a promoción da saúde, os coidados en patoloxías específicas, hábitos de vida saudable, trastornos alimentarios ou primeiros auxilios, por citar algúns exemplos.
O 80 % dos alumnos afirmaron estar moi satisfeitos e o 89% consideran moi alta a aplicabilidade do aprendido. A cualificación dos docentes foi de 9'2 nunha escala de 0 a 10
Durante este tempo tamén se realizaron cursos de formación en patoloxías concretas para dar resposta a programas especiais como tal e como se fixo en colaboración coa Federación de asociacións galegas de Alzheimer, coa Federación galega de parálise cerebral ou coa Federación de familiares e persoas con enfermidade mental. Ademais desenvolvéronse proxectos como a Escola de pais ou a Escola de maiores, cursos online do dor para pacientes ou sobre cancro de mama, así como diversos diálogos e foros con profesionais sanitarios e pacientes expertos que responden en tempo real grazas a internet.
En canto a calidade dos cursos, cómpre destacar o alto nivel de satisfacción destas actividades: O 80 % dos alumnos enquisados manifestaron estar moi satisfeitos e o 89% consideran moi alta a aplicabilidade do aprendido. A cualificación dos docentes foi de 9'2 nunha escala de 0 a 10.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170